Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Eleccións ao Claustro
Hoxe son as votacións ao Claustro, no centro no que traballo hoxe foi comentario entre o PAS, tamén con algún PDI e alumnos a ausencia de votación no colectivo de PAS, entre os traballadores elucubramos sobre os motivos, ao PDI e alumnos non fun capaz de indicarlles razón algunha do porqué non se presentaron as candidaturas que habitualmente se presentan. Aínda estou á espera de recibir unha explicación.

 

RPT
Sabemos que se leva algún tempo negociando a RPT, coñecemos as propostas presentadas polo xerente, pero descoñecemos o que se trata de xeito concreto nas reunións. Hai xa cousas acordadas?. Podemos irnos de “días” sen que sexan previsibles sobresaltos, ou que incluso o xerente poña límites temporais á negociación?, digo isto porque circula o rumor de que, antes de Nadal haberá Consello de Goberno e Consello Social e especúlase con que se poida levar xa decidido o tema a esas reunións.
(Parte dos temores dest@ compañeir@ quedaron aclarados no comunicado recentemente enviado polos órganos de representación).

Radon
Sei que hai outro foco na Facultade de Filoloxía, sei, tamén, que se cambiou de lugar a conserxería, a miña pregunta, sen ter moito coñecemento do problema é a seguinte: se o radon é un gas, chega con pechar unhas cantas portas, cambiar aos traballadores de lugar no mesmo centro, para evitar que afecte ás persoas que traballan ou estudan na Facultade?.

Perdón
Perdón por ser PAS
Perdón por traballar nunha conserxería
Perdón porque a conserxería está no Campus de Ferrol
Agora que o sr. reitor, o sr. xerente e todo o coro que aplaudirá, me aplasten coa súa RPT, como se fose un becho.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript