Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE
 

Denuncian recortes na sanidade pública que "desfán" o Sergas

A Plataforma para a defensa e mellora da sanidade pública da Coruña denunciou que a Xunta está "desfacendo" o sistema sanitario público galego que colocou nunha situación de "risco".

 

  • Noticias relacionadas

Esta entidade, que presentará o vindeiro mércores 12 de novembro ás 20:00 horas un vídeo-documental elaborado por SOS Sanidade Pública sobre privatizacións, alertou de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "está en risco". Segundo explica nun comunicado, o Partido Popular "está impoñendo medidas" que "deterioran" o sistema e "favorecen os intereses das empresas privadas que se lucran a costa dos orzamentos públicos".
 
Entre 2009 e 2014, segundo os seus datos, recortouse un 12,3 % o orzamento, o que incidiu na perda de 2.094 postos de traballo e o peche de 275 camas, mentres que o 48,8 % das cantidades asignadas foron para o sector privado. A plataforma considera fundamental facer unha "gran mobilización cidadá" para "recuperar o dereito ao acceso universal á asistencia sanitaria" e para "poñer freo á privatización". Incide, ademais, nunha serie de problemas que se viven, en concreto na Coruña, como que se arrisca a saúde da poboación" e ameázase gravemente a atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres".
 
Axencia EFE

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript