Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Radon na Facultade de Filoloxía

@s traballador@s que desenvolven as súas tarefas nos centros e servizos localizados na Zapateira padecen unha sobreexposición ao gas radon. O último informe enviado polo xerente á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa e que fai referencia á Facultade de Filoloxía, así o certifica.

 

O radon é un gas altamente tóxico que se coa polas gretas das edificacións. Non ule, é invisible e os seus efectos só se  ve a longo prazo. No estado español, moitos edificios acumulan este perigo latente nos seus sotos sen que os seus inquilinos o sospeiten. Científicos españois deseñaron o primeiro mapa de riscos da península no que Galicia figura como unha zona de alto risco. Compre tomar non só medidas de control, tamén haberá que actuar poñendo énfase na prevención.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript