Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT

Enviouse a todo o PAS da UDC a información sobre a reunión dos seus órganos de representación realizada o pasado día 11. Ese mesmo día, como tamén se sinalou na comunicación enviada, unha comisión formada por un representante de cada sindicato e agrupación electoral presente na reunión procedeu a comunicarlle ao xerente a decisión de pospoñer a negociación da RPT, pois dadas as substanciais diferenzas entre a proposta da xerencia e a da representación d@s traballador@s, é imprescindible ter o tempo necesario para confeccionar unha proposta de RPT alternativa.

 

  • Noticias relacionadas

Pese á aceptación do xerente deste aprazamento, insistiu no mantra que, segundo o equipo de goberno, condiciona a posible negociación: As restricións económicas que impón a Xunta de Galicia impiden o incremento do Capítulo I dos orzamentos e tamén son un freo para o crecemento da plantilla.
 
Compre, polo tanto, unha reflexión sobre o que ocorre nas outras universidades públicas de Galicia, non vaia a ser que na UDC padezamos unha especial persecución por parte da Xunta.
 
Na USC , a última modificación da RPT de PAS laboral realizouse no ano 2013. A nivel global a RPT quedou deste xeito (é moi importante que revisedes o número de traballdor@s de cada servizo ou área de traballo, poñede o ollo, por exemplo, nas conserxarías)
 
Na UVigo a modificación puntual da RPT de PAS laboral realizouse no ano 2014, incrementándose do xeito que se xunta.
 
Outra cuestión moi importante é a memoria económica que acompaña xeralmente (noutras universidades) á proposta de RPT. Tedes aquí a memoria que acompañou a proposta de RPT no PAS laboral da USC, comparádea coa que nos deu o xerente na reunión realizada o día 11 na que se lle comunicou o acordo tomado na reunión dos órganos de representación do PAS. Unha chapuza.
 
O xerente comentou na reunión do día 11 coa delegación que lle comunicou a decisión do aprazamento que entendía que facer máis con menos significaba reducir a calidade do servizo. Armesto que, con tanto entusiasmo, defende publicamente un modelo universitario ao servizo da sociedade debería, no seu marco de actuación, rexerse por eses mesmos principios, non obstante o manifestado polo xerente e o que se determina na RPT desménteo. Como sempre unha cousa é predicar e outra ben diferente dar trigo.
 
Outra cousa que lle recriminamos ao xerente que demostra, unha vez máis, o dobre trato existente nesta universidade e que marca as diferenzas entre o PAS e o PDI é que si ben o PAS non percibe remuneración algunha por horas ou traballos extraordinarias o PDI si percibe gratificacións económicas por esta circunstancia. O xerente non chistou.
 
Non tragamos coas políticas de recorte e trato diferenciado, impóñaas quen as impoña, se nos temos que enfrontar a Armesto farémolo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript