Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  DEREITO Á VIVENDA
 

A PAH reclama un uso social para as vivendas baleiras do "banco malo"

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) entregou unha carta no Ministerio de Economía na que piden unha reunión co ministro Luís de Guindos ou con representantes cualificados do Ministerio e da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestructuración Bancaria (Sareb). O obxectivo: tratar sobre a situación das vivendas que esta entidade mantén baleiras e a súa posible cesión a un parque de vivenda de aluguer social, unha das demandas máis repetidas desde esta plataforma.

 

  • Noticias relacionadas

A carta da PAH vén despois de que, o pasado 22 de novembro, o Ministerio de Economía afirmase que faría xestións "con toda celeridade" para que a Sareb lle ofrecese unha vivenda a Carmen, muller de 85 anos que foi desafiuzada da súa vivenda en Vila de Vallecas, Madrid, o pasado 21 de novembro por avalar un préstamo do seu fillo. Carmen ía ser desafiuzada o 20 de outubro, pero decenas de activistas de PAH Vallecas e STOP desafiuzamentos conseguiron aprazar a súa execución. O desafiuzamento de Carmen executouse finalmente o 21 de novembro, desatando unha oleada de solidariedade que comezou co ofrecimiento por parte do Raio Vallecano de pagarlle un aluguer. Carmen preferiu aceptar o apoio do club de fúbol fronte á vivenda ofrecida desde o Ministerio de Economía.
 
"Parécenos positivo -sinala a carta sobre a vivenda da Sareb ofertada a Carmen desde o ministerio- porque supón un recoñecemento por parte do Ministerio da súa soberanía sobre as propiedades e activos de Sareb, entidade que, de forma repetida, négase a actuar cun mínimo de responsabilidade e transparencia en relación á sociedade e ás demandas da PAH en concreto”. A carta sinala os intentos feitos, desde a PAH e os grupos stop desafiuzamentos, para contactar coa Sareb para, polo menos, intentar fixar unha reunión. “Ata agora a resposta foi o silencio cando non a represión".
 
Entre as vivendas baleiras da Sareb, a PAH sinala os dez bloques que foron recuperados desde a plataforma dentro da súa campaña de Obra Social en Madrid, Sabadell, Manresa, Valencia ou Zaragoza, e que están agora habitados por decenas de familias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript