Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 

A CUT presenta conflito colectivo polo recorte salarial do ano 2013

O noso sindicato ven de presentar denuncia, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante a interposición de conflito colectivo polo desconto salarial realizado pola universidade ao levar á práctica, de xeito retroactivo, o disposto nos orzamentos da Xunta de 2013, e reflectido na Resolución da Xerencia do 18 de xuño de 2013, pola que se ditan instrucións para a aplicación da redución retributiva disposta nos artigos 37 e 38 da lei 2/2013, do 27 de febreiro, de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013

 

  • Noticias relacionadas

O conflito colectivo afecta @s arredor de 300 traballador@s que naquel momento formaban parta do colectivo de PAS laboral, reclamándose que, en función do establecido nos Convenios Colectivos de aplicación, a estrutura salarial e retribucións a percibir polos traballadores para o ano 2013, teñen que ser as mesmas que viñan percibindo até entón, e en consecuencia, se deixe sen efecto a redución salarial efectuada.
 
A teor das sentenzas que neste sentido ven ditando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estimamos que a resolución será positiva.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript