Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 254 - 15/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Calendario laboral 2015

Aínda que a Xerencia non remitiu o calendario laboral de 2015 de xeito oficial, advertíusenos de que o día 28 de xaneiro, San Tomé de Aquino, festa oficial na universidade, trasladarase ao luns, día 26. Corresponde, polo tanto, realizar o cambio no que era proxecto de calendario que vos xuntamos no PASquín anterior.

 

Lembrade que, se a normativa segue como até agora, os festivos que coinciden en sábados acumúlanse aos días de asuntos particulares que, polo tanto, incrementaríanse en 2.
 
Recollemos os datos para confeccionalo calendario dos DOG:
 
DECRETO 67/2014, do 28 de maio, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2015., publicado no DOG nº 112 do 13 de xuño de 2014.
 
 RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2015, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG nº 223 de 20 de novembro de 2014
 
E do BOE de 24 de outubro de 2014 Resolución de 17 de octubre de 2014, de la Dirección General de Empleo, por la que se publica la relación de fiestas laborales para el año 2015. seu.
 
Calendario laboral da UDC 2015 (definitivo) para imprimir

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript