Número 253- 08 de decembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

RPT de PAS. Todo para o PDI

    A RPT de PAS, por moito que o xerente se empeñe en sinalar nas reunión que é unha proposta de custo cero, mente. Coas sucesivas propostas que o xerente puxo enriba da mesa o que pretende o equipo reitoral é un novo e importante aforro a costa, como até agora de espremer aos traballadores e traballadoras.

UNIVERSIDADE

Unha reunión do Claustro vergoñenta

    O pasado día 3 de decembro realizouse unha nova reunión do Claustro Universitario, máximo órgano institucional ao que o equipo de goberno se empeña en baleirar de contido convocándoo, como fixo neste caso, coa única finalidade de cumprir o requisito establecido no seu regulamento de ter dúas reunións ao ano. A reunión foi de tan pouco interese para a Comunidade Universitaria que tivemos que agardar media hora para que houbera o cuórum necesario e poder comezar. Aínda así, porque a reunión tiña como unha das súas finalidades debater as liñas xerais orzamentarias para o ano 2015, o PAS manifestou o seu parecer.

 UNIVERSIDADES
    En boletíns anteriores informámosvos de que os traballadores das universidades de Compostela e Vigo denunciaran mediante Conflito Colectivo o recorte que con efecto retroactivo se lles realizou nas pagas extra de 2013. Os xulgados pronúncianse, como cabía agardar, a favor d@s traballador@s.
STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA

    Despois destas duras semanas, queremos lembrar que seguimos coa CAMPAÑA DE DOAZÓNS CONTRA AS MULTAS POLO DESAFIUZAMENTO DE AURELIA REY iniciada por Stop Desafiuzamentos A Coruña

REPRESIÓN

    O Goberno do PP, seguindo o ditado da Patronal e das políticas que emanan da Troika, está xa a traballar nun borrador de Real Decreto a través do cal será posible ilegalizar o sindicalismo de clase, é dicir, aquelas opcións sindicais coma a nosa que non acepta nin transixe co sistema nacido da Reforma Política franquista. Pode parecer alarmista o que estamos a dicir, pero é así. Aviso a navegantes.

CRISE ESTAFA

    9,9 millóns de asalariados do Estado Español percibiron como máximo 18.000 euros brutos anuais en 2013, é dicir, unhas catorce pagas que como moito chegaron aos 1.000 euros netos ao mes. Aínda que só os máis afortunados alcanzaron os catro díxitos de soldo mensual.

STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA

    Despois dunha semana dende que o Concello da Coruña executou o desaloxo da casa de Isabel e Álvaro en San Vicente de Elviña, Stop Desafiuzamentos A Coruña queremos transmitir o que alí vivimos xunto coa veciñanza do lugar e as persoas solidarias que acudiron.

ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    España é un dos países da UE onde a brecha salarial aumentou nos últimos anos, situándose nun 17,8%. A taxa de desemprego feminina segue por enriba do 25% e por cada cinco empregos novos só un é feminino.

    
  •   
 
 XUNTA - LEI DO EMPREGO PÚBLICO
    O Consello da Xunta aprobou o día 4 de decembro o proxecto de Lei de Emprego Público de Galicia. Na comparecencia posterior á reunión o sr. Feijoo, anuncia a bombo e prato que @s traballador@s da Administración Pública de Galicia recuperaremos as pagas extra no ano 2018. Unha medida electoralista coa que intenta anestesiarnos para que acudamos ás urnas como cordeiriños nas vindeiras eleccións.
 UNIVERSIDADE
    Como todos os anos confeccionamos o calendario laboral, nesta ocasión á espera de que a universidade estableza as festividades que lle son propias publicamos un calendario cos días declarados festivos tanto pola comunidade autónoma como polos concellos de Ferrol, Oleiros e A Coruña.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    Máis de sete mil persoas ateigaron a praza compostelá para amosar o seu rexeitamento ás políticas antipopulares e regresivas ditadas polos gobernos monicreques do Gran Capital en Bruxelas, Madrid e Raxoi.
 INTERNACIONAL - MÉXICO
    Ayotzinapa evoca Auschwitz. Esta impactante formulación expresada por Poniatowska, establece un paralelismo que non é unha alegoría. Non debe ser tomado por riba. Ayotzinapa non é simplemente Ayotzinapa, é a ventá a unha época
 LINGUA - Malores Villanueva
    O galego vende e vendería aínda máis se crésemos no seu valor desposuído dese medo intrínseco, dese discurso de trincheira, desas cancións de derrota que sentimos entoar tantas veces, porque por moi baixiño que as cantaruxemos prenden nos oídos de quen nos rodea.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      POLÉMICA COS CHALECOS ANTIBALA

       
        RELEVO NO MINISTERIO DE SANIDADE

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript