Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 253 - 08/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O PP imperdoable.
É escoitar a Feijoo e poñerme dos nervios. A última é imperdoable, defírenos a devolución da parte cotizada da extra de 2012 en dous anos e devólvenos as extras en 2018, tómanos por tontos. E o PP?, isto aínda é peor, quere que a restitución das extras apareza como un incremento económico. O dito, queren facernos tontos.

 

Economía de guerra
Nos xornais destes día defínese a situación económica da universidade como “economía de guerra”, e equipo reitoral tómase a RPT do PAS como unha das batallas nese entorno de guerra, como en todas as guerras os que morren e sofren as penalidades son os peóns, os soldados, nesa imaxe metafórica téñennos ao persoal, se hai que sacrificar a alguén e se non o evitamos será ao Persoal de Administración e Servizos. Dependerá de nós.

RPT
Da información que nos destes da RPT no anterior PASquín chámame a atención o aspecto da profesionalización da xestión, resulta agora que o posto de traballo de xefe, director... dun servizo só é valorado economicamente se quen o desenvolve é un PDI, por quen nos toman?. Imos permitir esta desconsideración?. Imos ser capaces de seguir negociando tendo enriba da mesa unha proposta tan discriminatoria?.

Claustro
Sigo á espera de que as alternativas que tradicionalmente se presentaban a todas as eleccións, incluídas as do Claustro, nos xustifiquen dalgunha maneira  a decisión de non se presentar neste momento.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript