Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 253 - 08/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Recorte salarial 2013, nova sentenza

En boletíns anteriores informámosvos de que os traballadores das universidades de Compostela e Vigo denunciaran mediante Conflito Colectivo o recorte que con efecto retroactivo se lles realizou nas pagas extra de 2013. Os xulgados pronúncianse, como cabía agardar, a favor d@s traballador@s.

 

Como recordaredes os Orzamentos da Xunta de Galicia publicáronse no DOG do 27 de febreiro de 2013, entraron en vigor o 1 de marzo dese ano pero neles recollíase un recorte da paga extra d@s traballador@s da Administración Pública de Galicia cuxo cómputo tiña efecto dende primeiro dese ano. O que se denunciou foi, precisamente, unha vez máis pois isto mesmo aconteceu coa extra de decembro de 2012 a aplicación retroactiva do recorte.
 
O TribunalSuperior de Xustiza de Galicia ben de dar a razón @s traballador@s da universidade de Vigo, xuntamos a sentenza, recoñecéndose o dereito á devolución da parte devengada (xaneiro e febreiro de 2013) das extras, antes da entrada en vigor da redución salarial de 2013.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript