Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 253 - 08/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT de PAS. Todo para o PDI

A RPT de PAS, por moito que o xerente se empeñe en sinalar nas reunión que é unha proposta de custo cero, mente. Coas sucesivas propostas que o xerente puxo enriba da mesa o que pretende o equipo reitoral é un novo e importante aforro a costa, como até agora de espremer aos traballadores e traballadoras.

 

  • Noticias relacionadas

Coa proposta para as conserxerías preténdese atender máis centros e evitar a contratación de controladores. Con esta decisión non só se pretende reducir o gasto, co irresponsable proxecto baleirase de contido a labor dos traballadores e traballadoras que prestan un importante, e pouco valorado, servizo nas conserxarías limitándoos a ser, única e exclusivamente, quen abra e peche os centros porque pouco máis poderán facer. De aquí á privatización hai un só paso.
 
Outro feito insultante para o colectivo é a proposta de “profesionalización” presentada pola xerencia, preténdese que o PAS asuma as responsabilidades derivadas das xefaturas pero sen remuneración adicional. Mentres un importante número de PDI que aínda exercería esas funcións seguiría a cobrar os suculentos complementos.
 
A eliminación dos contratos de 3+3 (Contratos Eventuais por circunstancias da produción) contratos que xustificados en acumulación de tarefas están a ser reiteradamente utilizados en moitos postos de traballo e que deberían ser consolidados na RPT.
 
A onde vai ir todo o aforro que constatamos na proposta de RPT?. Xa volo podedes imaxinar.
 
Hai que ser moi irresponsable para poñer enriba da mesa unha proposta tan insultante como esta. Hai que estar moi disposto a “tragar” o que poñan enriba da mesa para “negociala”.
 
Como sempre temos dúas alternativas, meternos debaixo das mesas e agardar que escampe, ou prepararnos para pelexar para impedir que nolo quiten todo.
 
Nós como firmes partidarios da segunda alternativa instámosvos a que, nas asembleas vos pronunciedes apoiándoa e secundando as medidas de presión que será obrigado convocar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript