Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 253 - 08/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA - LEI DO EMPREGO PÚBLICO
 

As declaracións de Feijoo

O Consello da Xunta aprobou o día 4 de decembro o proxecto de Lei de Emprego Público de Galicia. Na comparecencia posterior á reunión o sr. Feijoo, anuncia a bombo e prato que @s traballador@s da Administración Pública de Galicia recuperaremos as pagas extra no ano 2018. Unha medida electoralista coa que intenta anestesiarnos para que acudamos ás urnas como cordeiriños nas vindeiras eleccións.

 

  • Noticias relacionadas

O sr. Feijoo utiliza aos medios de comunicación para difundir medidas das que, previamente non informou á representación d@s traballador@s. Na última mesa de negociación realizada no mes de novembro; a representación da Xunta anunciou á representación sindical a conxelación salarial para o 2015, o recorte nas pagas extra como xa fixera nos anos 2013 e 2014 e a devolución de unicamente a metade do 24% da paga do 2012. O sr. Feijoo saca agora da manga medidas que cara á galería parecen concesións pero o bombo mediático non pode ocultar que:
 
Non di o señor Feijoo que @s traballador@s da Administración Central xa recuperaron as pagas extra no ano 2014 e mesmo comunidades como Andalucía e Catalunya xa contemplan nos seus orzamentos de 2015 a súa recuperación. Outra cousa que se desprende do anuncio realizado é que, até 2018 Feijoo pensa seguir recortándonos as pagas.
 
Mentres que noutras comunidades xa se devolveu a totalidade da parte devengada da extra de 2012 o sr. Feijoo, nos orzamentos de 2015 só contempla a devolución da metade derivando o reintegro do resto ao ano 2016.
 
Non se nos regala nada. Agardamos saber como se plasmará sinalado por Feijoo, non se pode esquecer que a lei ten un contido moi prexudicial (plans de avaliación, posibilidade de mobilidade...) para @s traballador@s da Administración Pública Galega.
 
Non podemos aceptar este novo ataque. HAI QUE BOTALO!!
 
Outra pregunta que se nos ocorre ao fío do anunciado por Feijoo é que se a LEPG contempla a eliminación definitiva do Plus de Altos Cargos, a UDC seguirá abonándoo?

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript