Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 253 - 08/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Unha reunión do Claustro vergoñenta

O pasado día 3 de decembro realizouse unha nova reunión do Claustro Universitario, máximo órgano institucional ao que o equipo de goberno se empeña en baleirar de contido convocándoo, como fixo neste caso, coa única finalidade de cumprir o requisito establecido no seu regulamento de ter dúas reunións ao ano. A reunión foi de tan pouco interese para a Comunidade Universitaria que tivemos que agardar media hora para que houbera o cuórum necesario e poder comezar. Aínda así, porque a reunión tiña como unha das súas finalidades debater as liñas xerais orzamentarias para o ano 2015, o PAS manifestou o seu parecer.

 

Intervencións de APA. (Ningún outro representante do colectivo tomou a palabra na reunión)
 
No Informe da vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas sobre as
liñas xerais do orzamento para o ano 2015
:
 
Que esta reunión do Claustro é un mero trámite para o equipo de goberno demóstrao o feito de que non se nos transmitise previamente a información necesaria para a realización dunha discusión ben fundamentada e argumentada.
 
Dende a Alternativa de PAS Asemblearia entendemos que o Claustro como máximo órgano da Universidade debería non só aprobar, e como neste caso debater, as liñas xerais, tamén deberían traerse a este órgano as concrecións desa liñas mestras, por exemplo enténdemos que é o lugar axeitado para seren discutidos e aprobados, se proceder, os Orzamentos anuais. Sabemos que haberá que cambiar normativas pero entendemos que a finalidade meréceo.
 
O PAS só ten que dicir que si o sr. Reitor vai ser, como, de xeito xeral, até agora o intermediario das políticas elaboradas polo PP, limitándose a impoñernos o que determina Feijoo, como acontece coa proposta de RPT que nos puxo enriba da mesa. Teranos enfronte, tamén como até agora, abocándonos a ter que repetir as mobilizacións que tan pouco lle gustaron ao sr. Reitor..
 
Posteriormente o Valedor Universitario presentou o Informe de xestión do Valedor Universitario correspondente ao ano 2014.
 
Na quenda aberta de intervencións reiteramos unha intervención  dos estudantes. Informamos da presenza da policía no Campus os días 25 e 27 de novembro. No primeiro día uns estudantes puxeron unha mesa informativa na rotonda de Socioloxía, repartinron panfletos convocando á mobilización das Marchas da Dignidade que se realizou o día 29 de novembro coa toma do Obradoiro, neste caso catro furgóns da policía vixiaron o reparto e procederon á identificación dos estudantes. O día 27, para proceder ao desaloxo dos donos e derrubo da casa da entrada do Campus, a policía acordoou os accesos ao Campus impedindo a libre circulación.
 
Parécenos moi grave e retrotráenos a épocas que non queremos que se repitan que a policía acceda ao Campus. Tivo o sr. Reitor  coñecemento desta circunstancia. Deu o Reitor o visto bó para que a policía accedese ao recinto académico?. De non estar ao tanto reclamamos ao sr. Reitor que actúe para que este feito non se repita e reclame diante de quen corresponda para que se depuren as responsabilidades a que houbera lugar.
 
Neste caso o Reitor dixo que non sabía nada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript