Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 253 - 08/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Calendario laboral 2015

Como todos os anos confeccionamos o calendario laboral, nesta ocasión á espera de que a universidade estableza as festividades que lle son propias publicamos un calendario cos días declarados festivos tanto pola comunidade autónoma como polos concellos de Ferrol, Oleiros e A Coruña.

 

Lembrade que, se a normativa segue como até agora, os festivos que coinciden en sábados acumúlanse aos días de asuntos particulares que, polo tanto, incrementaríanse en 2.
 
Recollemos os datos para confeccionalo calendario dos DOG:
 
DECRETO 67/2014, do 28 de maio, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2015., publicado no DOG nº 112 do 13 de xuño de 2014.
 
 RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2015, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG nº 223 de 20 de novembro de 2014
 
Insistimos na provisionalidade do contemplado no calendario pois a universidade aínda non publicou o seu.
 
Calendario laboral da UDC 2015 (provisional) para imprimir

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript