Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 252 - 01/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA. ORZAMENTOS 2015
 

Universidades. Taxa de reposición

As universidades públicas de Galicia son as peor financiadas no ratio por alumno do Estado Español, desde que Feijoo tomou a poltrona do goberno galego diminuíu o financiamento das Universidades galegas en 68 millóns de euros.

 

Isto é o preámbulo no que se van a aprobar os orzamentos da Xunta para o ano 2015 que, non obstante tamén contempla outros aspectos que deberemos aclarar co interlocutor na propia RPT á que acode coa premisa de que a taxa de reposición no noso colectivo é cero mentres que da lectura do proxecto orzamentario non se conclúe iso precisamente.
 
Artigo 13.- Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal.
 
Un. Durante o ano 2015, non se procederá no sector público delimitado no artigo anterior á incorporación de novo persoal, salvo a que poida derivarse da execución de procesos selectivos correspondentes a Ofertas de Emprego Público de exercicios anteriores. Esta limitación alcanza ás prazas incursas nos procesos de consolidación de emprego previstos na disposición transitoria cuarta do Estatuto Básico do Empregado Público.
Respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do Capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos, a limitación contida na aliña anterior non será aplicable aos seguintes sectores e administracións, nos que, de acordo coa normativa básica, a taxa de reposición de efectivos se fixará ata un máximo do 50 por cento:
 
a) Prazas para o acceso aos corpos de funcionarios docentes da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
b) Prazas de hospitais e centros de saúde do Sistema Nacional de Saúde.
c) Prazas para o control e loita contra a fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e en materia de Seguridade Social, e do control da asignación eficiente dos recursos públicos.
d) Prazas de asesoramento xurídico e para a xestión dos recursos públicos.
e) Prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios.
f) Prazas dos corpos de catedráticos de universidade e de profesores titulares de universidade e de persoal de administración e servizos das universidades, nos termos establecidos na normativa básica.
 
Dous.- A taxa de reposición de efectivos correspondente a un ou varios dos sectores prioritarios a que se refire o punto anterior, poderá acumularse noutro ou noutros dos sectores contemplados no citado precepto ou naqueles corpos, escalas ou categorías profesionais de algún ou algúns dos mencionados sectores, a cobertura dos cales se considere prioritaria ou que afecten ao ñmcionamento dos servizos públicos esenciais.
 
Algo nos terá que aclarar o señor xerente ao respecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript