Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 252 - 01/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Relación de Postos de Traballo

O pasado día 26, mércores, asistimos por primeira vez á reunión da Comisión Negociadora da RPT 2015. Previamente o xerente enviounos a proposta modificada por cuarta vez, da súa RPT.

 

Comezou a reunión o xerente sinalando as modificacións introducidas nesta última proposta respecto da anterior.

Unha vez rematada a intervención da Xerencia pedimos a palabra para:

 

Agradecer ás organizacións sindicais e agrupación electoral o seu apoio para que o PAS laboral estea presente na Mesa de Negociación, non así do xerente que puxo todas as trabas posibles para impedir a nosa presenza.
 
Sinalamos que á espera da realización das asembleas c@s traballador@s @s que representamos cumpría que a nosa presenza fose esencialmente de ouvintes para coñecer a situación da negociación. Aínda así, como CUT, queriamos sinalar:
 

  • O primeiro que compre establecer na negociación da RPT é o seu marco xeral e nós non estamos de acordo con establecido no proxecto pois moito do seu contido segue adoecendo das mesmas eivas que o proxecto que rexeitamos na anterior proposta de RPT..
     
    • As dependencias funcionais non están ben establecidas e moitos servizos teñen unha dependencia diferente segundo que a súa localización sexa Ferrol ou A Coruña.
    •  
    • Nas Conserxarías, despois das experiencias nas UXAIs...
      faise un Plan de Emprego, agora denominado Plan de Ordenación de Recursos Humanos, (artigo 81 EBEP), sen que haxa unha memoria económica, nin xustificación.
       
      Na memoria establécese literalmente:
       
      “Abórdase tamén a necesaria reorganización dos servizos de Conserxaría coa finalidade, por unha banda, de substituir a prestación de servizos externos neste ámbito de traballo con efectivos do propio cadro de persoal da UDC, o que de xeito significativo redundadará na reducción de custos en servizos externos e, por outra, de reforzar servizos comunes que o veñen demandando, asi como atender as necesidades de conserxaría dos novos edifícios de apoio á investigación, como son a Área Científica posta recentemente en marcha ou o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas de próxima apertura.”
       
      O que parecería xustificar un incremento de persoal transfórmase sibilinamente en aras ao aforro económico en todo o contrario, faise todo iso sen incremento de persoal.
       
      Que circunstancias cambian para que o persoal da Conserxaría da Reitoría pase de 8 a 4 persoas na quenda de mañá?.
       
    • En Ferrol as conserxarías dos centros transfórmanse en espazos con poucas ou nulas funcións, parece que esencialmente abrir e pechar, debido á escasísima dotación cunha persoa en cada quenda @s traballador@s dificilmente nesta situación poderán utilizar os dereitos a asuntos propios e verán limitadísima a posibilidade na elección do período vacacional. Fronte a esta circunstancia refórzase a macroconserxaría da Vicerreitoría, que polo que se deduce da Memoria, ademais das funcións propias na localización que se lles encomende, estarán a disposición para cubrir as ausencias que se produzan nos centros
       

    • A variación presentada no cadro de distribución do persoal das Consarxerías, sen se falar na mesa de negociación, demostra que o xerente negocia á marxe da representación legal d@s traballadorr@s.
       

    • Non se resolve a reclamación histórica da profesionalización da xestión. Creánse, nas escalas técnicas, coordinacións na UTC e en Normalización como xesto á eliminación de fontaneiros, pero so ahí e sempre sen niveis nin denominación de xefes de servizo xustificado, pola Xerencia como un xesto ao que non se pode responder co correspondente incremento económico, dadas as circunstancias, non obstante os innumerables fontaneiros (PDI en postos de PAS) que seguirán exercendo funcións semellantes cobrarán relixiosamente o seu complemento.
       
    • Aforro económico. Da análise da proposta de RPT presentada detraemos que o que se pretende a aforrar todo o que se poida no noso colectivo (PAS) como vos sinalamos:
      • Responsabilidades que non se pagan ao PAS mentres que si teñen remuneración se quen as realiza é PDI.
      • Menos persoal en moitas Conserxarías que deberán asumir tarefas non so dos novos centros senón que tamén as dos “controladores” que até agora se contrataban en situacións límite.
      • Desaparecen os postos de 3+3 co conseguinte aforro no Capítulo I.
      • Máis requisitos (inglés...) sen ningunha compensación.
 
Todo o sinalado lévanos, como fixemos na anterior RPT de persoal laboral a ter que sinalar que non estamos de acordo, como diciamos anteriormente, no marco xeral de negociación, aspecto que, segundo o noso criterio, é esencial para pasar a falar doutras análises máis pormenorizadas (análise posto por posto tal e como se estaba a facer na Mesa).
 
O xerente, logo dunha ampla discusión, e despois de que os diferentes sindicatos e agrupación electoral se fosen situando neste marco de negociación que reclamamos, sinalou a próxima reunión para o vindeiro xoves, día 4 de decembro. Advertido por algunha das alternativas presentes de que non asistirían mentres non se dera solución ao marco xeral de negociación, sinalou que a convocatoria se enviaría e que viñera quen quixera.
 
Todos os sindicatos e agrupación electoral presentes acordamos en reunirnos o próximo mércores para confeccionar un comunicado e notificar ao xerente que ninguén asistirá á reunión que convocou para o xoves.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript