Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 252 - 01/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Armesto e a ética
Armesto denuncia, de xeito sistemático,as políticas que dende a Xunta obrigan a miles de estudantes galeg@s a ter que abandonar os estudos superiores por non poder afrontar os custos das matrículas, tamén se pronunciou reiteradamente contra as taxas de reposición...
De quen con tanto entusiasmo defende un modelo universitario ao servizo da sociedade cabería esperar que se rexa por eses mesmos principios. A insultante proposta de RPT que nos intenta impoñer desménteo, é igual que
aos que critica nos medios de comunicación.

 

RPT
Agardo con ansiedade a primeira asemblea na que se nos presente a proposta de RPT e teñamos, por fin, posibilidade de opinar. En que situación está a negociación?. Porque non se nos informa?. E a transparencia?...

Candidaturas ao Claustro
Vergoñenta a actitude mostrada polos sindicatos que nos deberían dirixir, sexa en tempos de crise ou de bonanza económica. Se no seu seo está o persoal máis concienciado e activo da universidade, ou ben xa se descompuxeron e non teñen afiliación, ou optaron por non dar a cara nun momento tan difícil e no que máis que nunca se necesitan alternativas e pautas para que o colectivo non se vexa, como mínimo máis prexudicado. Como dicía, vergoñento.

Claustro
Con moita ironía propoño que na próxima manifestación á que se nos convoque berremos:
Onde están os sindicatos matarile rile rile, onde están os sindicatos matarile rile ron, CHIN PON!!

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript