Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 252 - 01/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN – SANTOS MIGUEL RIBADENEIRA
 

Medo ideolóxico (Terceira parte)

Terceira e última parte do ensaio do compañeiro Santos na que establece unha serie de actitudes que, sustentadas na ética, moral e solidariedade conformarían o capital ideolóxico para combater o MEDO IDEOLÓCO.

 

  • Noticias relacionadas

-MEDO IDEOLÓXICO
 
(Terceira e última parte)

O capital ideolóxico como forma de combater o MEDO IDEOLÓXICO.
 
Os economistas non o valoran axeitadamente e é unha das claves da prosperidade ou da pobreza.

Hai que explicar a relación que existe entre a liberdade e o desenvolvemento.
 
Xa se acepta, porque parece evidente, que o desempeño económico dos pobos é o resultado de como se trenzan e harmonizan o capital humano (a educación e a instrución), o capital cívico (o comportamento social da maior parte do grupo), e o capital material (riquezas naturais, os investimentos, as maquinarias, etc.). Pero nesta ecuación falta o capital ideolóxico. Que é iso? En esencia, constitúeno as actitudes con que os individuos se enfrontan na miña opinión a diferentes factores. Esas actitudes, claro, derívanse de percepcións, crenzas, conciencia e madureza lograda fronte ás realidades vividas sustentadas con ética, moral e solidariedade.
 
-ACTITUDE CARA Á LIBERDADE - Onde abundan os individuos dispostos a tomar decisións e a construír con eles a súa propia vida e a procurar a felicidade sen depender do Estado, e lograr o benestar persoal e colectivo.
 
-ACTITUDE ANTE A VIDA - Demostrar o grao de conciencia ante os problemas que se desenvolven nas nosas vidas, traballando no ben da colectividade e a non aceptar sistemas que crean divisións, diferenzas de clases, envexa, celos, individualismo e cero solidariedade.
 
-ACTITUDE CARA AO ESTADO - Onde o Estado responde ás expectativas da sociedade e onde non, polas razóns que foran percíbese o Estado como unha inxusta forza coactiva que non responde aos nosos valores e intereses, senón á conveniencia dos que o dirixen, entón aquí o comportamento dos individuos prexudica ao da colectividade.
 
-ACTITUDE ANTE O TRABALLO PROPIO E ALLEO - Onde se aprecian as actividades que se realizan, sempre que sexan honradas, calquera que fosen, incluídos os oficios máis humildes, e non sexan un obstáculo para o ascenso social, senón unha tinguidura de orgullo, as consecuencias colectivas serán benéficas e o esforzo tenderá cara á excelencia.
 
-ACTITUDE CARA AO ÉXITO - Onde se admira aos triunfadores e pondéranse os seus logros, cando son lexítimos, propágase e xeneraliza a,. loita por destacarse e buscar o aprecio da sociedade. Onde acontece o contrario e o éxito individual provoca rexeitamento e crítica negativa, desaparece un forte incentivo psicolóxico e ideolóxico positivo.
 
-ACTITUDE CARA Á CIENCIA E A INNOVACIÓN - Este obxectivo debe permanecer presente en todos nós como forma de enfrontar as esixencias do desenvolvemento e as realidades obxectivas que se nos presentan nas nosas vidas, como única forma de solucionar os problemas de toda índole que padece a nosa humanidade, tales como a pobreza, falta de alimentación, enfermidades e a destrución do medio.
 
-ACTITUDE CARA AOS ESPIRITUS EMPRENDEDORES - Onde se aplaude e cultiva a aparición das posibilidades creativas e onde a sociedade lles abre portas en lugar de pechárllelas, os pobos prosperan.
 
-ACTITUDE HACIA O OUTRO, CARA AO COLECTIVO - Debe prevalecer a confianza no outro, porque os acordos se cumpran, para que se multipliquen os obxectivos e diminúan os custos para levalos a cabo. Non obstante onde se desconfíe do outro porque se lle presume mala persoa, as sociedades son máis pobres, dado que diminúen substancialmente os intercambios entre as persoas, dando como resultado falta para a creación final das riquezas.
 
Pode aumentar o capital político e ideolóxico dunha sociedade. Por suposto. Ou pode diminuír. Depende do comportamento do que aprendemos e das experiencia e madureza alcanzados polos individuos. Todo o que vaia en contra das liberdades e non acepten as responsabilidades, o capital ideolóxico diminúe. Hai que retroalimentar o noso traballo ideolóxico e multiplicalo. Nunca poderemos probalo matematicamente, nunca poderemos medilo, pero sabemos que hoxe o capital ideolóxico é un valor moi alto dos pobos. Paga a pena estudar estas variantes.
 
SANTOS MIGUEL RIBADENEIRA Profesor de Historia

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript