Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 252 - 01/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE, LINORSA NON PAGA @S TRABALLADOR@S
 

@s traballador@s de Linorsa concentráronse na Reitoría

Os cartos públicos que a universidade paga á empresa Linorsa non chegan @s traballador@s, a empresa tenllos secuestrados e agora mesmo só lles abonou a metade do salario do mes de outubro.

 

  • Noticias relacionadas

A indecente actuación da empresa leva a incerteza a unhas 600 familias que, en toda Galicia están nesta situación, este mes non só periga o salario, tamén a extra.
 
Mentres que esta situación degrada cada día con máis saña @s traballador@s que teñen que facer fronte ás hipotecas, luz, auga e… comer.
 
É cada día máis necesario que a universidade dea una solución que garanta o salario nas empresas que subcontrata, ten a obriga de velar porque se cumpra as condicións establecidas no contrato e de garantir que @s traballador@s cobren o salario polo que traballan.

Nós, como sindicato de clase, seguiremos apoiando as súas mobilizacións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript