Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 252 - 01/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Ignacio Escolar
 

Ana Mato vaise pero queda

Vaise do Goberno pero queda no Congreso. Leva en política dende 1983 e non hai outro traballo ao que volver

 

  • Noticias relacionadas

Non é un adeus, é un ata logo. A exministra que non viu un Jaguar no seu garaxe e viaxou a Eurodisney en clase Gürtel abandona o Goberno, pero seguirá sentada no seu escano no Congreso como "deputada rasa". Leva en política dende 1983; non hai outro traballo ao que volver. A propia Ana Mato que considera que a súa presenza no Consello de Ministros pode "prexudicar ao Goberno" non ve problema ningún en prexudicar ao Parlamento, ese lugar onde non desentoa unha persoa que se lucrou cunha trama corrupta. Total, o partido con máis deputados no hemiciclo, o PP, tamén está sinalado no mesmo xulgado e pola mesma razón: por lucrarse coa Gürtel.
 
Polo lado do Goberno, tócalle dimitir a Ana Mato. Polo lado do PP, aquí non dimite nin deus.
 
Están imputados todos os tesoureiros da historia desta formación, hai un mesmo en prisión. A sede central do partido pagouse con diñeiro negro e durante anos está acreditado que funcionou un sistema ilegal de financiamento con 'donativos' de xenerosas empresas que, casualmente, contrataban por millóns coa Administración. O PP non foi unha vítima da Gürtel: foi cómplice desta trama corrupta.
 
Responsable político? A gaivota. Ou o 'pequeno Nicolás'. O algún propio que pasase por alí.
 
Dende a dereita culpan agora ao xuíz Pablo Ruz por facer o seu traballo: por sacar adiante a instrución dun caso, a Gürtel, que xa ía polo seu quinto ano triunfal. Din que escolleu a propósito a data deste auto para amolar o presidente do Goberno o Pleno monográfico no Congreso sobre corrupción.
 
O xuíz ten présa, pero non por augar o enésimo discurso pomposo de Mariano Rajoy. Vai correndo porque sabe que é posible que nun mes lle toque abandonar o xulgado da Audiencia Nacional e quere deixar o traballo feito. O mesmo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) que hai apenas cinco meses gababa a súa instrución, o mesmo que barallou deixarlle como xuíz de apoio para axilizar o xulgado máis complicado de toda España, o central cinco de instrución, agora non ten tan claro que este incómodo maxistrado deba seguir en acción.
 
Despois da dimisión de Mato, o PP quererá dimitir a Pablo Ruz. Do politizado CGPJ depende que o poidan conseguir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript