Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 19/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Devolución da parte devengada da extra de 2012. Reunión coa Xerencia 18/11/2014

Temos coñecemento de que as compañeiras e compañeiros de outras administración e das outras universidades públicas de Galicia len este boletín informativo, por este motivo reiteramos, esta vez publicamente, o xa difundido internamente @s compañeir@s da UDC.

 

O pasado martes, día 18, o xerente reuniuse coa mesa sindical para informarnos que a Universidade tomara a decisión de proceder á devolución da parte devengada da extra de decembro de 2012, coñecida a decisión pois xa o colectivo recibiu información ao respecto, é importante sinalar:
 

  • ·    Que neste proceso foi determinante que o persoal funcionario denunciase e posteriormente, en número moi importante, reclamase a extensión das sentenzas que obrigaban ao pago de costas pola universidade. Temos capacidade de presión e debemos exercela utilizando todos os medios ao noso alcance.

     

  • ·    Que segundo a Resolución da Xerencia do 18/11/2014, pola que se recoñece o dereito e se ditan instrucións para a devolución da parte devindicada correspondente a paga extraordinaria do mes de decembro de 2012. A universidade procederá a devolver esa parte devengada en dous prazos:

    • o   1/3 na nómina de decembro de 2014

    • o   2/3 restantes na nómina de xaneiro de 2015
       

  • ·    Que a devolución afecta, e realizaráselle, a todos os colectivos: PAS laboral e funcionario, PDI laboral e funcionario e, tamén, @s traballador@s do Capítulo VI. Todos eles segundo foi o recorte que se lles realizou no seu momento (non é o mesmo, por exemplo, no PAS laboral que se fixo en cómputo anual que no PAS funcionario ao que corresponde a devolución da parte correspondente a 44 días)

 
Preguntas que lle realizamos ao xerente:
 
Depende a devolución do recortado de que a Xunta realice algún ingreso para facer fronte ao compromiso que se adquire?
O xerente e a vicerreitora de asuntos económicos responden que non. Sinalan que a Universidade interpuxo un recurso contencioso administrativo contra a negativa da Xunta a incorporar no orzamento da Universidade as cantidades necesarias para realizar o reintegro da parte devengada calculada en 1.010.794,43€. Como anunciara o 29 de xullo a universidade podía facer fronte, con cargo ao propio orzamento de 1/3 parte que será a que se pague na nómina de decembro. Entenden que segundo o sinalado pola propia Xunta en xaneiro procederá a aboamento de 22 días procedendo, a propia universidade a adiantar o resto para completar todo o que se adebeda.
 
O feito de que a universidade pague do seu propio orzamento unha parte do recortado significa que se diminuirán outras partidas como a acción social?
O xerente e a vicerreitora de asuntos económicos responden que non, comprométense a que a restitución do recortado ilegalmente non afecte a ningunha partida orzamentaria.
 
Tamén se lle advertiu á xerencia que agora terá que devolver a parte correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2013.
 
Se a pesar desta información tedes algunha dúbida estamos á vosa disposición para aclarala.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript