Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - ProLingua
 

Carta aberta ao Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia

Tivemos coñecemento de que o COAG non ofrece toda a súa documentación técnica e de apoio en galego, malia ser esta a lingua propia e cooficial do territorio no que este Colexio exerce a súa actividade.

 

  • Noticias relacionadas

Tivemos coñecemento, tamén, de que a xustificación ofrecida polo Colexio -ante as queixas previamente recibidas neste senso-, facía alusión á falta de recursos relacionada coa crise e á conseguinte priorización doutros servizos.
 
Sendo a Arquitectura unha disciplina vencellada ao deseño e configuración do marco físico das nosas vidas, consideramos importante que esta fale tamén a lingua en que desenvolvemos esas vidas milleiros de galegos e galegas. A posta ao dispor dos usuarios e usuarias de toda a documentación en galego, alén de ser unha prioridade polo seu valor simbólico, como o poden ser os servizos de tipo operativo, é unha cuestión de vontade e decisión institucional. Consideramos que a crise económica non pode ser razón para a desaparición da lingua propia de Galicia da documentación oficial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e pedímoslles que o máis axiña posible volvan ofrecer este tipo de documentación en galego aos seus colexiados e colexiadas.
 
ProLingua, Plataforma apartidaria a prol do galego

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript