Número 251- 24 de novembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Eleccións a Claustro.Que pasa no colectivo?

    Por primeira vez na historia desta universidade non se cubrirán a totalidade dos postos que o PAS ten no Claustro. Non fará falta nin votar porque dos 27 postos asignados ao noso colectivo só se presentaron 24 candidaturas que representarán directamente, sen proceso electoral, ao Persoal de Administración e Servizos neste órgano colexiado.

 UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
    Como vos anunciamos no anterior PASquín o pasado Luns día 17 o Comité de Empresa tivo unha reunión coa Xerencia da Universidade. Na reunión á que asistiu toda a representación do Comité, contou coa participación da xefa do Servizo de PAS, a vicexerenta de Ferrol e o propio xerente.
OPINIÓN – SANTOS MANUEL RIBADENEIRA

    Na nosa primeira parte do desenvolvemento deste tema "MEDO IDEOLÓXICO”, concluíamos que actuar dende unha posición ideolóxica que non estea caracterizada pola defensa das realidades, da moral, do amor aos compañeiros e amigos, á familia, á sociedade en xeral e responder con dobre moral, todo isto é "MEDO IDEOLÓXICO".

UNIVERSIDADE, LINORSA NON PAGA @S TRABALLADOR@S

    @s traballador@s de Linorsa seguen cos problemas xa sinalados en anteriores boletíns para cobrar os salarios. Neste momento (finais de novembro) cobraron a metade do soldo de outubro. Traballador@s xa con salarios reducidos, @s que esta situación enche de incerteza e inestabilidade as súas vidas.

STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA

    A Coruña, 21 de Novembro de 2014. Ás 20:00h de onte, xoves día 20, a veciñanza da Coruña amosou o seu apoio a Isabel e Varo e ás outras familias do lugar de Elviña ameazadas polo desaloxo forzado do seu fogar por mor das obras do Parque Ofimático. Obras que en sí mesmas non satisfacen carencia algunha pero sí impoñen novas necesidades habitacionais a xentes cuxo delito é residir durante máis de medio século no barrio de Elviña.

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

    Persoas do común, activistas, sindicalistas, políticos, ecoloxistas, feministas, xente do mar e do campo, da cultura, das artes, ... fan un chamamento para mobilizar-se este 29N ocupando o Obradoiro en Compostela.

INTERNACIONAL

    As autoridades mexicanas víronse obrigadas a cancelar o institucional desfile do 20 de novembro dedicado á celebración do aniversario da Revolución Mexicana, na capitalina praza do Zócolo, como consecuencia das multitudinarias marchas, manifestacións e disturbios.

OPINIÓN - Ignacio Escolar

    O pacto entre PP e PSOE para regular as viaxes dos deputados é unha oportunidade perdida que queda moi lonxe das mínimas esixencias democráticas. Para facer isto, mellor non facer nada. Para pactar isto, mellor non pactar nada.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
 UNIVERSIDADE
    Temos coñecemento de que as compañeiras e compañeiros de outras administración e das outras universidades públicas de Galicia len este boletín informativo, por este motivo reiteramos, esta vez publicamente, o xa difundido internamente @s compañeir@s da UDC.
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    O argumento central d@s compañeir@s da Trabe é que as liñas xerais de orzamentos: consagran a política de recortes e restrición de recursos para as universidades que impón o PP e que asume a universidade e, ademais, estes orzamentos repiten os erros do anterior, polo incumprimento, por parte do goberno galego, do plan de financiamento.
 LABORAL
    A OCDE e o FMI, que seguen receitando a España que afonde aínda máis na moderación salarial, deberán actualizar a estatística laboral dun país no que as rendas de traballo son as que máis ingresos achegan ao Estado.
 25 ANOS DE RENDAS MÍNIMAS NO ESTADO ESPAÑOL
    Achegamos un artigo que leva por título: "25 anos de Rendas Mínimas no Estado español: Das rendas mínimas á Renda Básica das Iguais e moito máis" escrito por Enrique García Escamilla, María Arrabali Márquez, Manuel S. Bayona e David Muñoz Rodríguez. Todas elas compañeiras de Baladre.
 LINGUA - ProLingua
    Tivemos coñecemento de que o COAG non ofrece toda a súa documentación técnica e de apoio en galego, malia ser esta a lingua propia e cooficial do territorio no que este Colexio exerce a súa actividade.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   



 

     
      SEN PALABRAS

       
        QUE NON CUNDA O PÁNICO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript