Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Por fin
Por fin gañamos algo, o reitor tivo que actuar, non chega con dar entrevistas nas que se sinala ao goberno do PP como culpable da situación, tamén hai que dar a cara e resolver, aínda que non sexa máis que de cando en vez, algún problema. Neste caso, como case sempre, que o sr. reitor tome unha determinación custou poñer en marcha o mecanismo dos recursos. Se non os presionamos estou seguro de que non pasaría nada e estaríamos apampanados agardando por unha solución que viría ineludiblemente da Xunta.

 

Unha pregunta sobre o escrito enviado da recuperación da extra
No escrito enviado sobre a devolución da paga extra citábase:
“Tamén se lle advertiu á xerencia que agora terá que devolver a parte correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2013”.
Non entendo a que vos referides.
Resposta:
Os orzamentos da Xunta para o ano 2013 entraron en vigor o día 1 de marzo de 2013, non obstante contemplaban un recorte salarial que, despois se concretou nos Criterios interpretativos sobre o axuste retributivo das entidades integrantes do SUG previsto nos artigos 37 e 38 da Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.
O recorte tiña efecto retroactivo, feito que é declarado ilegal en diferentes xulgados, de igual xeito que o foi nas denuncias pola extra de 2012. Corresponde, polo tanto, o reintegro da parte descontada ilegalmente correspondente aos meses de xaneiro e febreiro.

Reclamacións
Alguén me podería dicir cantas reclamacións estaban preparadas para se rexistrar?. O PAS tiña preparadas bastantes, cantas ía presentar o PDI, se tiña algunha para presentar?. Gustaríame sabelo, no por estatística senón porque, unha vez máis, penso que o único colectivo preocupado por manter os poucos dereitos que quedan é o PAS.

Un detalle, que non sinala un cambio de rumbo
Así como critico habitualmente a actitude deste equipo reitoral pola súa falta de carácter ao asumir estoicamente os recortes que impón o sr. Feijoo, teño que sinalar que, visto o que pasa noutras universidades galegas, no referente á devolución da extra de 2012 a UDC tivo cintura, para driblar a situación aínda que unicamente no eido xudicial. Por un lado reclama a devolución do diñeiro, á denegación da Xunta contesta cun contencioso e, paralelamente, executa a devolución do que se recortara. Dito isto, sigo botando a faltar unha actitude de confrontación institucional que para reivindicar o cumprimento estrito do Plan de Financiamento.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript