Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 

RPT. Reunión coa Xerencia

Como vos anunciamos no anterior PASquín o pasado Luns día 17 o Comité de Empresa tivo unha reunión coa Xerencia da Universidade. Na reunión á que asistiu toda a representación do Comité, contou coa participación da xefa do Servizo de PAS, a vicexerenta de Ferrol e o propio xerente.

 

  • Noticias relacionadas

Comezou o xerente a reunión sinalando a súa sorpresa pola denuncia interposta na Inspección de Traballo cando, segundo el, nos enviara a información que se requirira no escrito rexistrado o día 6.
 
Sinalámoslle que no requirimento realizado o día 6 non só reclamabamos información senón que lle instabamos a “participación nas negociacións que se están a desenvolver coa finalidade de que os dereitos das/dos traballadoras/es que representamos sexan tidos en consideración” e que fixemos a denuncia ao observar que, a pesar da información transmitida (proxecto de RPT, memoria xustificativa e cadro de redistribución das Conserxarías)  continuaban as negociacións sen que o Comité de Empresa estivese convocado.
 
Preguntamos directamente se a reunión á que se nos convocaba, nese momento, era informativa ou era coa finalidade de negociar aspectos da RPT.
 
O xerente sinalou que a RPT é de persoal funcionario e era con ese colectivo con quen ía negociala. Co Comité de Empresa podía negociar as condicións laborais d@s traballdor@s do colectivo laboral.
Nós, entendendo que as condicións laborais d@s traballador@s recóllense no Convenio Colectivo e non correspondía a negociación neste momento preguntámolle sinalámoslle que o que correspondía negociar era a proposta de RPT que afecta a 89 traballador@s ás que representamos.
 
Preguntámoslle por situacións concretas::
Na Conserxaría da Reitoría está previsto a diminución de 4 prazas de Auxiliar de servizos e o correspondente cambio de localización desas prazas , nesta área o Comité de Empresa representa a dous traballadores. Onde se negocia a súa posible mobilidade?.
As Conserxerías en Ferrol cambian de dependencia, tamén representamos a traballador@s que se verán afectad@s na RPT. Onde se negocia a súa dependencia?.
 
O xerente sinalou que na negociación da RPT de PAS funcionario que está en marcha, pero que polo razoamento xa sinalado non correspondía negociar co Comité de Empresa.
 
Unha vez escoitado ao xerente sinalamos que enfocabamos a reunión
á negociación da RPT e, ao non poder levarse a efecto a dita negociación, a reunión  non tiña sentido. Indicámoslle que agardariamos o ditame da Inspección de Traballo, dando por rematada a xuntanza.
 
O venres, ao remate da reunión da Comisión de Asuntos Económicos o xerente dirixiuse ao presidente do Comité para sinalarlle que o luns, día 24, convocaría ao Comité á reunión que o mércores, día 26, está convocada coa Xunta de Persoal, para negociar a RPT

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript