Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN – SANTOS MANUEL RIBADENEIRA
 

Medo ideolóxico (Segunda parte)

Na nosa primeira parte do desenvolvemento deste tema "MEDO IDEOLÓXICO”, concluíamos que actuar dende unha posición ideolóxica que non estea caracterizada pola defensa das realidades, da moral, do amor aos compañeiros e amigos, á familia, á sociedade en xeral e responder con dobre moral, todo isto é "MEDO IDEOLÓXICO".

 

  • Noticias relacionadas

 

-MEDO IDEOLÓXICO-                                                                            2


(Segunda parte)


 
Para seguir situando o socialismo na vangarda da solución dos problemas que preocupan aos cidadáns, debemos seguir afondando o debate das ideas, incorporando cada vez máis, as inquedanzas, suxestións e anhelos dos cidadáns.
 
Manter a liña política de máis igualdade, máis. liberdade e máis solidariedade.
Incorrer no pecado do silencio cando se debe protestar, fai cómplices e covardes aos homes.
 
Debemos explicar oportunamente aos nosos cidadáns as dificultades e así poder prepararnos para enfrontalas. Hai que acostumarse a non só recibir boas noticias.
 
Creo que debemos escoitar con atención a opinión de todos os cidadáns, coincidan ou non coa maioría. Non debemos aspirar á unanimidade que adoita ser ficticia.
 
Vivimos nun mundo cada vez máis desigual no que centos de millóns de persoas son empurradas cada ano ao desemprego, á pobreza, á fame e as enfermidades.
 
Estamos a pagar o custo da irresponsabilidade, o dispendio e a especulación de individuos que non se inmutan e se cren impunes ante o perigo.
 
Debemos sancionar aos corruptos, aos ladróns, aos mentireiros, aos que actúan con dobre moral e dobre personalidade, aos que non exercen a súa responsabilidade dada polos cidadáns simples e traballadores.
 
Debemos concentramos máis nas alternativas que no diagnóstico da actual crise dos valores humanos, hai que redeseñar o noso traballo ideolóxico como única forma de lograr o desenvolvemento das conciencias colectivas, traballando con todos e moi especialmente cos máis vulnerables.
 
As novas xeracións, o traballo coas xuventudes, debe ser unha política a priorizar. Estamos na presenza dunha crise que é moito máis que unha crise económica ou financeira, é unha crise de ideas, unha crise dun sistema de ideas que fixo da especulación, o suborno, a corrupción, a subordinación, nun modelo de exercicio do poder. Para recuperar canto antes, todos debemos facer un esforzo conxunto.
 
Temos que no político traballar nestas liñas para achar os cambios no social e económico, e que inflúan estes no institucional.
 
Non podemos seguir sendo cómplices, nin apoiar os autores desta crise de destrución de ideas, nin que poñan en crise o resultado de tantos anos de traballo, de esforzo, de sacrificio, dos grandes homes que deron as súas xoves vidas en prol do benestar de todos os cidadáns.
 
Trátase dunha crise integral, dun modelo que escolleron determinados cidadáns, que é insostible economicamente e politicamente, dada a destrución dos valores do ser humano, ata limites inimaxinables e destrúe a trama mesma da vida social.
 
Sociedades onde a súa conciencia se deteriorou a tal punto que os seus compromisos coa sociedade sufriu unha ruptura total, non querer traballar, a falta de responsabilidade, a indiferenza, a falta de transparencia, o non compañeirismo, a perda da amizade e o afastamento da familia.
 
Cando penso nas diferenzas psicolóxicas e emocionais de antes e de agora, e dos cidadáns que viraron as costas ás oportunidades de incorporarse aos movementos sociais de vangarda que lograron consolidar unha ideoloxía baseada, no traballo, na igualdade social, na educación de masas, no internacionalismo, é dicir e concluír, estamos a tempo de converter os reveses en vitoria.
 
Hai que traballar en que temos compromisos ineludibles coa sociedade. Debemos traballar en involucramos nas cuestións que afectan á xente na súa vida máis cotiá e iso lógrase sumando aos mozos a comprometelos politicamente, cun compromiso para facelos responsables, para facer fronte ás cuestións que lles preocupan e que inflúan nas súas condicións de vida. Que ningunha outra xeración poida dicir que a historia do seu país lle roubou a xuventude.
 
Unha sociedade embrutece coa mentira, con negar as realidades que nos rodean e fan caso omiso ás súas verdadeiras responsabilidades ante a vida, o traballo, a ética, a moral, a amizade e a familia.
 
Todos os que nos sintamos conscientes destas verdades e realidades, os que logramos unha conciencia de que debemos traballar para lograr triunfar en reconducir as nosas sociedades en prol da defensa dos valores éticos, morais, na solidariedade internacional e na non destrución do desenvolvemento ideolóxico adquirido en moitos cidadáns do mundo, tomemos a vangarda de defender todos os valores importantes do ser humano, deixando atrás o "MEDO IDEOLÓXICO", que se encobre na dobre moral, a dobre personalidade, en ideoloxías falsas valeiras de todo compañeirismo, amizade e amor, respecto á sociedade.
 
SANTOS MIGUEL RIBADENEIRA
Profesor de Historia
Até aquí a
segunda parte das tres en que dividiu o seu ensaio o compañeiro Santos.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript