Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE, LINORSA NON PAGA @S TRABALLADOR@S
 

@s traballador@s de Linorsa convocan concentración na Reitoría

@s traballador@s de Linorsa seguen cos problemas xa sinalados en anteriores boletíns para cobrar os salarios. Neste momento (finais de novembro) cobraron a metade do soldo de outubro. Traballador@s xa con salarios reducidos, @s que esta situación enche de incerteza e inestabilidade as súas vidas.

 

  • Noticias relacionadas

A empresa non paga ou paga a medias pero a comida, luz, auga... hai que pagalos, os bancos non retrasan os cobros e a situación para @s traballador@s empeora día tras día polo embargo do salario realizado pola empresa á que estas situacións non lle importan nada.
 
Reclamamos en reiteradas ocasións, realizámolo unha vez máis na reunión da Comisión de Asuntos Económicos realizada o venres pasado, que a universidade adopte medidas radicais canto antes que rescinda o contrato con Linorsa e que saque a licitación, canto antes, a concesión.
 
O xerente sinalou na reunión á que nos referimos que xa se lle dera un ultimato á empresa, que o contrato está en prórroga e que finalizará a últimos do ano en curso.
 
Instámoslle a que, de ningún xeito, se renovase e que se fose preparando a licitación para reducir os tempos. Respondeu que xa se estaban a preparar os pregos.
 
Nesta situación @s compañeir@s de Linorsa convocaron para o día 25 concentración na Reitoría, dende as 11:00 ás 12:30 horas. Nós apoiaremos coa nosa presenza a concentración, pedimos a tod@s as traballador@s, nomeadamente da Reitoría, e as que poidan achegarse que nos acompañen e que apoien @s compañeir@s da empresa de limpeza que atravesan por esta dura situación.
 
Nestas situacións é onde se ten que ver a solidariedade de clase, a unión de tod@s posibilitará que, tanto a universidade licite canto antes, como que Linorsa cumpra coas súas obrigas.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript