Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

O PAS da USC presenta, no Claustro, unha emenda á totalidade ao Plan de Equilibrio Financeiro e aos Orzamentos para 2015

O argumento central d@s compañeir@s da Trabe é que as liñas xerais de orzamentos: consagran a política de recortes e restrición de recursos para as universidades que impón o PP e que asume a universidade e, ademais, estes orzamentos repiten os erros do anterior, polo incumprimento, por parte do goberno galego, do plan de financiamento.

 

  • Noticias relacionadas

O único que mudou foi a posición do reitor. A representante da Trabe le o resumo da intervención do reitor, antes candidato, cando xustificou o seu voto en contra aos últimos orzamentos de Casares. Cremos que a súa crítica naquel momento era pertinente e que agora tamén o é, por iso pedimos a retirada.
 
A Trabe defende a súa emenda á totalidade ou proposta de non ratificación do plan arremetendo contra as condicións de fondo, que non son outras que a negativa a cuestionar a política de financiamento que nos marca a Xunta. Non somos capaces nin de esixirlle á Xunta que nos devolva os millóns de euros que incautou dos soldos dos traballadores da universidade para pagar o propio déficit.
 
O xerente (o reit
or non contestou) aferrouse ao argumento da realidade sen cuestionar o marco determinado pola Xunta. A Trabe lémbralle que ese marco non é inamovible, que non se pode renunciar a autonomía da universidade e non facerlle fronte á Xunta por unha situación que parcialmente provoca.
 
Lembramos que a Complutense esixiu e conseguiu que a Comunidade Autónoma de Madrid cumprise o plan de financiamento, pero para iso houbo que dar unha batalla política, non renderse á primeira aos argumentos da Xunta ou defender esa mesma política de fondo como fai o reitor nas entrevistas de prensa que concede.

 
Na réplica, como diciamos, o xerente defende o 'principio de realidade' asumindo o marco da Xunta e encomendándose á negociación do plan de financiamento para paliar a situación. Das súas palabras despréndese a negativa do equipo a formular calquera tipo de reivindicación ou denuncia da posición da Xunta e apostar por facer un orzamento “co que hai”, asumindo os custos, sobre todo no que respecta a redución de persoal.
 
O reitor vese na obriga de responder á Trabe despois de que lle recordaran que o seu voto foi negativo ás anteriores propostas de orzamento e que non mudaron as circunstancias. Deféndese no realismo do orzamento de ingresos e na capacidade para consensuar a programación plurianual, a pesar de que as críticas ían pola súa posición con respecto ao Plan de estabilidade e os orzamentos.
 
E pasamos á votación... e rexeitándose a emenda á totalidade
por 56 votos a favor da non ratificación, 126 en contra e 25 en branco.
 
O acontecido durante o Claustro reflíctese en: https://www.facebook.com/atrabe?fref=ts

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript