Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O que o PDI negociou para o Capítulo VI

O pasado día 18 a universidade publicou unha nova na que sinalaba que A UDC DÓTASE DUN ACORDO DE CLASIFICACIÓN PROFESIONAL DO PERSOAL DO CAP. VI. O que non se indica é de que acordo se trata e como pode afectarnos ao Persoal de Administración e Servizos.

 

  • Noticias relacionadas

No acordo establécense varias categorías:
 
A. Para realizar tarefas de investigación
1.- Investigador/a asociado/a
2.- Investigador/a en formación
 
B. Para realizar tarefas técnicas/laboratorio
1.- Técnico/a de apoio  á investigación
2.- Axudante de apoio á investigación
 
C. Para realizar tarefas administrativas e de apoio á xestión

1.- Técnico administrativo
2.- Axudante administrativo
 
Nas DISPOSICIÓNS ADICIONAIS indícase:
O persoal das categorías A.1 e A.2 integrarase no censo electoral sindical do PDI da UDC. No que atinxe ao ámbito de representatividade das restantes categorías recollidas no presente acordo, estarase ao resultado da correspondente negociación co Comité de Empresa do PAS laboral da UDC.
 
Que saiban xa que o noso sindicato estará en contra de tal integración pois
, entre outras cousas:

 

  • ·     A sinatura do acordo realizouse sen que o Comité de Empresa tivese coñecemento das reunións que, como vemos asignan tanto categorías, como funcións e salario.

  • ·     O noso sindicato entende que o colectivo de PAS laboral está declarado a extinguir, na súa totalidade, as prazas xa aparecen como propias de persoal funcionario. Non é coherente nesta situación abrir a posibilidade de integración nun colectivo nestas circunstancias.


Este tipo de acordos visibilizan o carácter subalterno que se lle quere sinalar ao PAS. Negóciase ás nosas costas para despois querer levarnos ao rego.
 
Lástima que os sindicatos caian nestas posicións. Da universidade dado as determinacións que toma ultimamente non nos sorprende xa nada.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript