Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 251 - 24/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O 34% dos traballadores do estado gaña menos de 645 euros mensuais

A OCDE e o FMI, que seguen receitando a España que afonde aínda máis na moderación salarial, deberán actualizar a estatística laboral dun país no que as rendas de traballo son as que máis ingresos achegan ao Estado.

 

  • Noticias relacionadas

Un terzo dos asalariados (34%), 5,7 millóns, son seiscientoseuristas. Trátase da nova xeración salarial que deixou atrás o mileurismo de antes da crise. Cobran o equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), uns 9.034 euros ao ano, é dicir, unha media de 645 euros ao mes en 14 pagas.
 
Estas cifras, publicadas pola Axencia Tributaria a partir dos datos proporcionados polos empregadores na Declaración Anual de Retencións e Ingresos a Conta sobre Rendementos do Traballo (Modelo 190) en 2013, dan unha idea da contundencia da crise no mercado laboral e, á vez, da evolución da precariedade. E é que, este salario non é o que aboa unha soa empresa, senón que corresponde ao acumulado das percepcións anuais que, nalgúns casos, supera as 1,6 de media por persoa.
 
Neste colectivo encóntranse os traballadores máis novos, onde se concentra máis a rotación laboral. Pero, o seiscientoseurismo esténdese tamén por todos os tramos de idade, mesmo nos máis elevados.
 
Así, aquí está o 86% dos mozos de menos de 18 anos que teñen emprego (33.681 persoas) e o 74,7% (1.107.104) dos que figuran cunha idade de entre 18 e 25 anos. A eles, súmase o 38% (1.646.016) dos que se encontran no tramo de 26 a 35 anos, e o 28,7% (1.427.204) dos que teñen entre 36 e 45 anos. Tamén aparece un de cada catro asalariados (956.603) de entre 44 e 55 anos, e o 26% (493.780) dos que teñen entre 56 a 65 anos. E, curiosamente, tamén se encontra o 63,7% (87.652 persoas) do total dos traballadores que decidiron prolongar a súa vida laboral despois de cumprir os 65 anos que, ante a posibilidade dunha pensión exigua, seguen traballando.
 
Os soldos non parecen gran cousa agora. Así, por tramos de renda cara a arriba, a este grupo ségueo outro colectivo importante de case dous millóns de persoas, que gañan entre unha e 1,5 veces o SMI (9.034 a 13.551 euros ao ano, entre 645 euros e 970 euros ao mes en 14 pagas). Polo tanto, hai case 7,7 millóns de traballadores, o 46,4% dos asalariados totais, que gañan por debaixo ou moi por debaixo dos mil euros. No seguinte tramo, que comprende a quen obteñen entre 970 e 1.290 euros ao mes (entre 13.551 e 18.068 euros), hai nada menos que outros 2,2 millóns de asalariados.
 
Segundo estes datos proporcionados polas empresas a Facenda, en 2013 había 16.682.061 asalariados en España, 381.081 menos que no ano anterior e 2,6 millóns menos que cando comezou a crise. A media salarial é de 18.505 euros anuais (1.342 euros mensuais), un 1,4% menos que no ano anterior.
 
Recollido de
Alternativas na xustiza galega
 
Case 300.000 traballadores galegos cobran menos do salario mínimo

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript