Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xeitos de abordar a negociación

Sempre que hai unha negociación en marcha aparecen varias posicións á hora de plantarlle cara ao proceso. Imos analizar as dúas máis comúns. A posición partidaria de proceder á presentación de alternativas ao proxecto presentado e a que reclama que as propostas alternativas se elaboren pola parte que presenta a proposta inicial (no caso da RPT estas propostas corresponderían á Xerencia).

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Dun xeito moi resumido:
 
A primeira que corresponde á presentación de propostas alternativas, parte da aceptación do punto de partida negociador e intentando atopar alternativas para que o proceso negociador derive nunha posición na que os intereses da parte á que se representa sexan o menos prexudiciais posible. Nesta posición é a parte que representa @s traballador@s na que cae a forza da xustificación dos cambios a realizar.
 
A segunda posición parte da aceptación do proceso de negociación, require que a empresa xustifique as modificacións e, onde non concorda coa parte que representa @s traballador@s esísexelle unha modificación da proposta.
 
Un exemplo clarificador:
 
A Reitoría da Universidade conta, segundo a RPT actual, con 8 auxiliares de servizo, a proposta presentada pola Xerencia contempla 4, as dúas posibilidades á hora de negociar operarían diante da requirimento da Xerencia para presentar alternativas:
 
Primeira: Conclúe que, en busca do mal menor, corresponde o reequilibrio da plantilla, propoñendo que queden X, pero menos dos actuais.
Segunda alternativa: requisito indispensable, que a Xerencia argumente esa rebaixa tan substancial de efectivos. Cómo é posible que dun ano a outro sexa necesario nun área a metade de traballador@s?. Mudouse algún dos servizos da Reitoría?. Non se vai saír aos bancos etc, etc, etc. De non se responder dun xeito congruente estas preguntas a proposta sería rexeitada esixíndoselle á Xerencia que refixese a RPT no correspondente a ese servizo.
 
En base ao primeiro modelo negociador a universidade está a colar de xeito subrepticio verdadeiros Planes de Emprego, fíxose coas UXAI e UADI e, con esta nova proposta, continúa pola mesma senda.
 
Calquera decisión que implique unha reestruturación da RPT debe estar argumentada, máis cando se xoga cos intereses das persoas ás que se representa. Sen ir máis lonxe coa primeira das posibilidades terían que moverse x persoas, haberá que ter o criterio moi claro porállelo explicar. Tampouco vale sacrificar a algúns para que ou ben as cousas sigan como están ou que haxa algunha parte do colectivo que se beneficie.
 
Nótase que somos partidarios da segunda opción, non o negamos, parécenos máis coherente coa labor que temos asignada. Tampouco hai que esquecer que esta segunda posibilidade esixe a participación nos procesos de negociación cos traballadores e traballadoras informad@s e mobilizad@s e, por suposto, sendo conscientes de que non se deben facer concesións. 
Manterémosvos informad@s.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript