Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Devolución da parte devengada da extra de 2012

O xerente ven de convocar á mesa sindical para realizar o que será, sen dúbida, a última proposta para realizar a devolución da parte devengada da extra de 2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

Coñecedor dos prazos que sinalan o día 22 como último día para poder realizar a reclamación, falta por saber a proposta que porá enriba da mesa.
 
Polo que sabemos, segundo nos informa a APA, o persoal funcionario afectado pola devolución do diñeiro ilegalmente recortado ten preparada toda a documentación necesaria para a realización da reclamación. Agardarán á reunión convocada o día 18 para, se a proposta non é satisfactoria, efectuar, de xeito inmediato, as reclamacións de extensión de efectos.
 
Pola actitude do reitor e do xerente non agardamos moito da reunión
. Como xa se vos informou noutros PASquíns, o persoal que no ano 2012 pertencía ao colectivo de PAS laboral non pode facer a reclamación que se está a realizar polo PAS funcionario. O PAS laboral está pendente da decisión que tome o Tribunal Supremo a tenor do recurso presentado pola Universidade, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que establecía a obrigatoriedade de efectuar a devolución desa parte devengada.
 
Pola súa parte Feijoo ven de anunciar que “se é posible tecnicamente” procederá á devolución do 12,5% da parte devengada da extra de 2012 ilegalmente recortada, a devolución do outro 12,5% realizaraa nunha data aínda por determinar do ano 2016, un novo insulto ás traballadoras e traballadores da Administración Pública de Galicia.
 
Manterémosvos informad@s

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript