Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Contratos de 3 máis 3
Son un contratado cun contrato deste tipo, as necesidades do posto que desenvolvo son evidente e a contratación vaise producindo de xeito rotativo, entre varios compañeiros, e de modo constante. Na RPT non se consolida a praza na que estou a traballar. Seguirá a universidade optando pola contratación deste tipo ou xa nin sequera ten pensado optar por esta vía desaparecendo este “posto”, nunca creado?

 

RPT
Hai quen sinala que para facer unha tortilla hai que cascar os ovos, estamos agardando para saber cantos ovos se romperon para que a RPT tome corpo, a verdade é que a negociación parece preocupar exclusivamente aos que, segundo a proposta enviada, parece que estamos destinados a ser “cascados”. Unha tristeza. Unha desgraza.

Desánimo
Cómo se parece a política ao que pasa na Universidade!. As eleccións a reitor, unha vez dimitido Meilán, provocaron unha certa catarse no PAS, parecía que, co cambio, podería producirse unha verdadeira toma de conciencia no conxunto da universidade do que o PAS significa e o valor intrínseco da nosa función. O devir posterior fixo que as expectativas quedasen nunha mera ilusión, Barja encargouse de poñer punto e final ao proxecto. Ninguén esperaba moito de Armesto, era o bastón no que se apoiaba Barja e moitos xa o consideraban como a persoa de máis peso dentro daquel equipo de goberno. O que case ninguén supoñía era que o camiño que ía tomar acabaría na situación actual, non me refiro xa aos recortes (acción social...) nin sequera á falta de vontade de plantarlle cara ás políticas de sistemático recorte impostas dende a Xunta e o goberno do estado. Clama ao ceo, dende unha posición un chisquiño progresista, que se recorra a traballadores tan precarios que rozan a escravitude para a realización das tarefas habituais da universidade (nin para ningunha). Unha vez traspasado ese límite todo pode acontecer. Volvemos á época de Meilán. Ah, referíame ao parecido desta situación co que acontece na política porque isto mesmo pasou no seu momento co PSOE, ollo co que pode pasar coas alternativas que agora parece que van a arrasar. Non o digo para que non se voten, cada un terá o seu criterio, senón porque gañe quen gañe, no marco en que sexan as eleccións, temos que estar vixiantes, para que non volva a cundir o desánimo.

Radon
Ola. Fai unha tempada na Zapateira erguémonos coa noticia de que había algún edificio no que a contaminación de radon era moi alto tendo que, os traballadores realizar probas que avaliasen o grao de afectación. Non se volveu a saber nada. Alguén pode sinalar en que situación están as cousas, o risco ao que estamos expostos os PAS que traballamos na zona porque entendo que o problema pode non estar tan localizado como que só afecte á Casa do Francés.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript