Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
 

Campaña de doazóns contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia Rey!

Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey, vén de ser multado definitivamente pola Delegación do Goberno despois de seren rexeitado o recurso presentado. Cremos que esta sentenza demostra o tipo de sistema inxusto e impresentable no que vivimos.

 

  • Noticias relacionadas

Neste contexto de represión da solidariedade e da busca de xustiza social na que nos atopamos, o compañeiro Roberto e STOP Desafiuzamentos Coruña decidimos iniciar unha campaña de doazóns para facer fronte a tódalas sancións administrativas derivadas dese día.
 
Para iso, abrimos unha conta de banca ética na que quen queira poda colaborar coa súa aportación. Este é o número: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324
 
Xunto con Roberto, queremos agradecer tódalas mostras de solidariedade amosadas dende o primeiro día en apoio das persoas sancionadas. Esa é a nosa forza e a nosa lexitimidade!
 
CONTRA A SÚA INXUSTIZA, A NOSA SOLIDARIEDADE!!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
 
STOP Desafiuzamentos da Coruña
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/
 
Aquí o propio Roberto explica o por qué desta campaña:

 

 


 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript