Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 

RPT 2015

O pasado xoves, unha vez constatada unha nova reunión da Comisión negociadora da RPT 2015 sen que se convocase á representación do PAS laboral, a pesar da reclamación presentada, o Comité de Empresa procedeu a realizar a anunciada, tamén, denuncia na Inspección de Traballo.

 

 

Procedemos, ese mesmo día, a comunicarlle ao xerente a denuncia presentada anunciándolle, de paso, que recorreriamos calquera acordo tomado sen a presenza da representación d@s 89 traballador@s ás que representa o actual Comité de Empresa.
 
Esa mesma tarde o xerente enviou un correo ao Comité no que textualmente sinalaba:
 
“Como continuación á comunicación enviada o pasado venres día 7, achégase o documento de RPT remitido onte á Xunta de Persoal coas correccións sinaladas. Co obxecto a analizar esta revisión na súa posible incidencia no persoal laboral fixo non funcionarizado, convócase unha reunión da Xerencia co Comité de Empresa, que terá lugar o vindeiro luns 17 de novembro ás 13:00 na sala de comisións núm.2”
 
Da comunicación da reunión non é posible detraer se a Xerencia inicia un proceso negociador co PAS laboral ou simplemente, de xeito informal, pon no seu coñecemento o tratado nas reunións da Mesa negociadora e quere saber o parecer da representación do noso colectivo.
 
En todo caso as nosas esixencias son:

  • ·         Negociar a RPT no que poida afectar ao persoal aínda por funcionarizar.

  • ·         Participar na Mesa negociadora, en igualdade ao resto de participantes, porque nunha mesma área de traballo pode haber persoal funcionario e laboral (por moito que teñan diferentes denominacións os postos, realizan funcións idénticas), corresponde, polo tanto resolver situacións análogas con procedementos do mesmo matiz e queremos estar presentes para que todas as partes saiban, polo menos, o noso parecer.

  • ·         De non se satisfacer as nosas esixencias continuaremos coa denuncia na Inspección de Traballo agardando o seu pronunciamento que, de ser favorable, obrigará a retrotraer ao punto inicial todo o discutido e acordado.

 
Por certo, para a reunión do luns o xerente xúntanos unha nova modificación da proposta que presentou o día 13 na reunión coa Xunta de Persoal.

Manterémosvos informad@s.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript