Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

A Cruz Vermella proporciona datos arrepiantes do avance da miseria no Estado Español

As cifras que poñen de manifesto como a deterioración económica continúa incrementándose aceleradamente no Estado Español dan calafríos.

 

  • Noticias relacionadas

Por exemplo, hai tan só uns días dende a Cruz Vermella informábase que unha de cada tres persoas vulnerables atendidas por esa institución, concretamente un 35,1%, tropezou con serias dificultades económicas para afrontar os gastos relacionados coa saúde. Outro revelador dato sobre o tema indicaba o 64,8% dos que se encontraban nesa situación eran mulleres, e o 35,2% homes.
 
A Cruz Vermella atendeu en 2013 a preto de 5,4 millóns de persoas no Estado Español, das cales 2,4 millóns se consideran vulnerables por entrar en programas sociais e de emprego, e os 3 millóns restantes recibiron axuda en socorro de emerxencias ou participaron en programas de xuventude para prevención da violencia e do consumo de drogas, e accións relacionadas co medio.

 
Deses 2,4 millóns de persoas vulnerables, un total de 1.046 participaron nunha enquisa cuxos resultados se expoñen no Boletín presentado este xoves.
 
O coordinador da Cruz Vermella sinalou esta mesma semana que un 35,1% das persoas vulnerables atendidas por Cruz Vermella Española tiveron en 2013 "dificultades económicas para cubrir os seus gastos sanitarios", como o pagamento de medicinas non cubertas pola Seguridade Social, o copagamento de medicinas, ir ao dentista, recibir atención psicolóxica ou non poder aboar prótese, lentes, etc., ou por carecer da tarxeta sanitaria, e agregou que "esta situación, loxicamente, empeorou no caso das familias numerosas".
 
A media de idade deste colectivo é de 48,8 anos, o 52,6% estaban desempregadas e un 18,8% eran xubilados. Os seus ingresos medios mensuais roldaban os 538 euros mensuais; o 79,3% encontrábase baixo o albor da pobreza; o 57,8% padecía privación material severa e un 30,5% vivía nun fogar con todos os seus membros no paro.
 
Por outro lado, a persoa vulnerable que acudiu a algún centro de Cruz Vermella Española en 2013 tiña unha media de ingresos de 555,3 euros mensuais, o 65% estaba no paro (dos que o 75% levaba sen traballar máis dun ano); o 64,5% carecía de cobertura de prestación por desemprego ou non recibía rendas non contributivas; a taxa de traballadores pobres era do 81,8%, e un 6% das persoas en idade activa traballaban na economía somerxida.

 
Recollido de Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript