Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA
 

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Compostela, o 29 de Novembro - #FerrolterraVai

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika.

 

  • Noticias relacionadas

Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.
 
Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.
 
Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; ...
 
Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.
 
Mobiliza-te con nós o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.
 
Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:
 
. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.
 
Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
 
Ou chamando ao telefono das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
603 213 863
 
O 29N, Ferrolterra Vai!

Recollido de Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript