Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

Máis de 26.500 familias desafiuzadas durante o primeiro semestre do 2014

PRÓLOGO
 
Máis de 26.500 familias perderon os seus fogares no curso dos seis primeiros meses do presente ano de 2014. A abafadora maioría dos desafiuzamentos executados - máis de 17.000 - tiveron a súa orixe nunha decisión xudicial.

 

  • Noticias relacionadas

De acordo cos datos publicados este mércores polo Banco de España, o 73,7% das mais de 25.500 vivendas desafiuzadas de xaneiro a xuño, exactamente 19.565 propiedades - eran o domicilio habitual da familia, un 30,5% menos que un ano antes. Mentres que as 6.984 restantes eran outro tipo, por exemplo, segundas residencias.
 
Estas cifras cobran sentido particularmente se se ten en conta que no Estado Español o número total das vivendas que cargan cunha hipoteca alcanzan a fabulosa cifra de 6.500.000. É dicir, que as vivendas das que se apoderaron os bancos no primeiro semestre do presente ano só representan o 0,41% do total.
 
Unhas 12.433 vivendas foron entregadas ao banco pola orde implacable do xuíz,
pero 7.139 familias perderon os seus fogares de xeito voluntario, a maioría por dacións en pagamento.

A MORATORIA DE RAJOY: UN BLUFF
 
Voceiros das Plataformas antidesafiuzamentos (PAH) indican que a "moratoria" que con gran publicidade mediática puxo en marcha o executivo ultraconservador só serviu para deter uns 10.000 desafiuzamentos das 120.672 ordes xudiciais de abandono da vivenda que se executaron nos dous últimos anos
 
"Dende a PAH xa advertimos no seu momento - din os voceiros desta plataforma - que esta moratoria parcial non só non ía resolver o problema dos desafiuzamentos, senón que mesmo podía empeoralo. A medida foi só "un parche de cara á galería" e que, tras os dous anos de moratoria, as familias se encontraron sen solucións ante o seu problema de vivenda.
 
Recollido de Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript