Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 250 - 17/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

O Comité Intercentros da Xunta de Galicia reúnese cos grupos do Parlamento

O pasado 11 de novembro, realizouse a reunión entre o Comité Intercentros de PAS laboral e os grupos BNG, PSOE e AGE, posteriormente, unha vez denunciada a falta de interese demostrada, o PP tivo a ben recibilos tamén.

 

  • Noticias relacionadas

 

De xeito resumido denunciouse: 
 

  • ·         Mutilación do V Convenio Colectivo

  • ·         Drástica redución dos postos de traballo

  • ·         Alta sinistralidade na área de benestar derivado do sobreexforzo ao que se ven obrigados os traballadores e traballadoras.

  • ·         Incremento das xornadas de traballo anuais (29-30 días)

  • ·         Quendas de traballo irracionais que chegan ata nove días consecutivos.

 
 Mentres que PSOE, BNG e AGE acordaron coa representación dos traballadores a realización de preguntas, interpelacións e emendas nos próximos plenos comprometéndose á realización de visitas a diferentes centros para comprobar “in situ” as denuncias realizadas. O PP que xa recibiu aos representantes dos traballadores e traballadoras forzado pola presión exercida non respondeu a ningunha das denuncias realizadas.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript