05/04/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
“Artigo 1.
España é unha República democrática de traballadores de toda
clase, que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza.”
Cúmprese o 79
aniversario da proclamación da II República
española.
Tras anos
de silencio e ocultación, cando non de descarada
manipulación do seu real significado histórico, a cuestión
da República retorna, expresando movementos reais existentes
en nosa sociedade, expectativas e sentimentos. Non se pode
negar que o tipo de transición realizada e a correlación de
forzas existente durante anos impediron que a cuestión
republicana -como forma de estado e como modo específico de
organización político-social do país- formase parte do
debate público real e das opcións politicamente relevantes.
O perigo é que a cuestión da República acabe converténdose
en mera conmemoración histórica ou nunha simple nostalxia do
pasado. En este sentido, recordar á II República significa
apostar pola Terceira, é dicir, facer desta un problema
político substancial.
As razóns
teñen que ver, en primeiro lugar co esgotamento do modelo
político xurdido da transición. Trinta anos despois da
aprobación da Constitución esta demostrouse reaccionaria e
carente das referencias político-sociais básicas.
En
segundo lugar, o chamado estado das autonomías non é capaz
de ser un instrumento efectivo para resolver as vellas e as
novas realidades dun estado plurinacional.
A negación do dereito de
autodeterminación dos pobos é un freno para o
desenvolvemento económico, social, identitario… das nacións
e pobos do estado.
En
terceiro lugar, a aplicación sistemática de políticas
neoliberais que evidencian a inexistencia dun Estado Social
e Democrático de Dereito e o contexto marcado por unha
descomunal concentración de poder económico e por unha
"desnacionalización" económica do estado
que cedeu á UE, a capacidade de
acordar lexislacións básicas contra os sectores populares
concentradas no Tratado de Lisboa, determina e reforza
actuacións políticas de redución do gasto e de
mercantilización de todo o público, de liquidación de
dereitos laborais e de fascistización, xenofobia y racismo.
Ese, e non o que venden os medios de comunicación, é o marco
definitorio do actual semestre de presidencia española da
UE..
A todo
iso habería que engadir un conxunto de políticas que limitan
substancialmente as liberdades democráticas e o exercicio
dos dereitos fundamentais.
O modelo da Transición está esgotado e con el a figura do rei á cabeza. A constitución de 1978 que ampara o sistema económico e a estrutura monárquica do estado son unha rémora para o desenvolvemento dun proxecto autenticamente democrático, liderado polas maiorías populares e que se posicione na defensa da soberanía popular e a solidariedade entre os pobos, e ese é o marco da III República que cada vez está máis próxima
.”
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript