Abril de 2010
 
 

12/04/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

España duplica a taxa de paro de EUA e lidera o ranking de Europa

 

 

Xapón, con pleno emprego, ten un 283% menos de paro que España malia o alto envellecemento da poboación asiática.

 

 

Dicía o economista Guillermo de la Dehesa nunha entrevista concedida ao Xornal fai só uns días que "a mellor" xeración de españois, os mozos, está na peor situación laboral das posibles. Tan malo é o escenario de quen con menos de 25 anos e a máis alta formación posible, están no paro, que é o peor de Europa, segundo os últimos datos do Eurostat.

Non é moi difícil, tendo en conta que a taxa de paro española alcanzaba, ao peche de xaneiro deste ano, o 18,8%. A cifra, soa e des contextualizada, dá medo. Posta en contexto, fai tremer.

Nunha primeira análise, duplica a media da OCDE, a de Francia e, mesmo, a de EUA, o país máis afectado pola crise financeira que, como o famoso efecto bolboreta, se expandiu por todo o mundo. Supón dobrar, tamén, a taxa media de desemprego da Europa dos Veintisiete.

PAÍSES EUROPEOS

Segundo os últimos datos recollidos polo Banco de España, o desemprego nacional situouse no 18,8% no mes de xaneiro, unha décima por debaixo da taxa coa que pechou o ano 2009, pero tres puntos porcentuais por enriba do mesmo mes do ano pasado, cando o desemprego supoñía o 15,8% da poboación activa española.

Unha taxa que duplica a media da OCDE, situada no primeiro mes deste ano no 8,7%, e a da Europa dos Veintisiete, que ascendía un 9,5%, despois de permanecer un mes estática (en decembro de 2009 contabilizouse a mesma porcentaxe).

Por países, ten tamén a taxa de desemprego máis alta de todos os países dos que ofrece datos o Banco de España. En concreto, triplica, practicamente, o nivel de Alemaña que, cun 7,5% de desemprego, pode presumir de rozar o pleno emprego en tempos de crise económica.

Polo seu lado, mirando fóra de Europa, a taxa española duplica tamén a de EUA (10,1% en xaneiro) e supera nun 283% a de Xapón (4,9%), un dos países máis envellecidos do mundo pero que goza de pleno emprego.

SEN PREVISIÓN DE MELLORÍA

Neste contexto, ademais, as previsións de mellora son nulas El propio Banco de España prevé que a taxa de paro, que se situou no 18,8% no ano 2009, siga incrementándose durante "os primeiros meses de 2010" pola progresiva destrución de emprego e o curso da poboación activa.

Segundo argumenta a entidade gobernada por Miguel Ángel Fernández Ordóñez, a deterioración da actividade económica prolongouse durante a última parte de 2009, aínda que de forma máis moderada, o que continuou reflectíndose nun aumento do desemprego.

"Como resultado de todo iso, tería continuado elevándose o grao de presión financeira soportada por algúns sectores, especialmente aqueles cun maior volume de pasivos esixible e os máis afectados pola situación cíclica", engade o informe.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript