12/04/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
No Informe sobre a convocatoria de concurso-oposición libre de 30 prazas da escala auxiliar, unha vez máis a Xunta de Persoal ignora as solicitudes do persoal desta UniversidadE. No texto que presentan non se reflicten, nin sequera para sinalar que non se tiveron en conta, os escritos enviados polos traballadores da UDC aos seus representantes.
Que
pase isto desgraciadamente xa non é novo nin nos causa sorpresa
algunha, por iso o estado de ánimo xeneralizado do persoal desta
Universidade é a resignación. A traxectoria desta Xunta dá
Patronal evidencia a súa conduta dócil e disciplinada ante os
desexos da Todopoderosa Xerencia en Funcións, Superlativa
Rexedora do noso Destino Laboral, Posuidora da Verdade Absoluta
e Deusa da Decisións Perfectas, entre outros atributos.
Cando a Omnipotente Xerencia en Funcións lanza unha proposta, o
seu fiel Xunta da Patronal amplía e endurece as condicións para
que a súa obediencia non sexa posta en dúbida e, dese xeito,
fortalecer os lazos que os unen. Se por exemplo, a Deusa-Xerenta
propón non incluír á chusma interina nas axudas para cursos de
formación, o seu corte engade: e que os pinten de amarelo, non
vaia ser que se coe algún sen que nos deamos de conta, logo a
isto chámano negociar e amence unha mañá máis. É o que se coñece
como ser máis xerencialistas que a xerenta.
Para que a Xerencia en Funcións saiba das nosas reivindicacións,
teremos que dirixirnos directamente a ela, pola contra tememos
que non vexa desde a súa torre de marfil o que está pasando e
tome as súas decisións baseándose na única información que lle
chega, a do seu séquito de vasallos e aduladores. Pero a
Xerencia en Funcións non contestará ás nosas solicitudes, nunca
o fai, teremos que interpretar o seu silencio e esta é a clave
de todo: interpretar.
Agora son consciente de que a proposta de convocatoria é
perfecta e axústase con precisión á Lei que pide procurar
especialmente que as materias esixidas se correspóndan co
desenvolvemento posterior das tarefas a desenvolver. Non hai
criterios para o exame de informática porque es ti mesmo o que
ten que saber interpretar en que consiste o exame, do mesmo
xeito que cando traballas na UDC a túa tarefa consistirá en
saber interpretar a escasa e ambigua normativa desta
Universidade e os silencios dos que a crearon. Ninguén che vai a
ensinar a facer o traballo, porque a UDC necesita funcionarios
intrépidos que saiban valorar en cada momento o que teñen que
facer tomando as decisións oportunas.
Se,
por exemplo, non tes suficientes persoas na lista de agarda de
auxiliares administrativos e o que di o regulamento ao efecto
non che convence nese momento, pois vas e sácaste da manga unha
lista nova e andando, que non pasa nada. Que pasados uns meses
vólveseche a ocorrer o mesmo cos auxiliares de biblioteca e esta
vez non queres forzar, pois respectas o regulamento que para iso
está. Que acaban as comisións de servizo e non queres trastornar
os servizos cambiando de sitio á xente, invéntaste un
mini-concurso e aire. Vólveche a pasar o mesmo dous anos despois
pero esta vez só afecta a catro gatos, cumpres a lei tan ancho.
Que prometes facer a convocatoria da oposición no primeiro
trimestre do ano e ata asinas un compromiso ao efecto e non o
fas, tranquilo a xente ten que entender que non sempre saen as
cousas como un pensa (e a estas alturas a xente desta
UniversidadE isto xa o ten totalmente interiorizado).
O
mesmo ocorre con Open Office, por que está na convocatoria se o
que ten instalado a Universidade é Microsoft? Porque, amigo meu,
a Universidade estate probando unha vez máis para ver se tes os
arrestos suficientes de sobreporte á tentación de seguir
enriquecendo a Microsoft e instalas ti mesmo Open Office, que
ninguén cho prohibe e para iso examináronche.
Así
que quitádevos a vénda dos ollos, non deixedes que vos
manipulen, arrepentídevos e deixade as vosas queixas,
solicitudes e propostas que o que pide a Universidade axústase
estritamente á Lei. Aqueles que saiban interpretar en que vai
consistir e como van puntuar o exame de informática serán os
elixidos. Esquecédevos do primeiro exame, só é un cebo para
facer caixa e eliminar aos máis débiles. De que serviron as
notas do primeiro e do segundo exame na anterior oposición? De
nada, a nota que serviu foi a de informática, podías facer un
pleno no test e outro no suposto práctico que se non estabas
preparado para interpretar o exame de informática non che valeu
de nada. E era tan fácil, se tivésemos un mínimo de cabeciña non
estariamos como estamos. Se naquela oposición a túa decisión foi
facer a parte de Calc e fixéchela perfecta, o suspenso que che
puxeron un mes despois, cando comunicaron que esta parte do
exame valórase cun 40% e Writter con 60%, estaba totalmente
xustificado e é que só para un 0,0000083 dos traballos desta
UnversidadE se necesíta este programa e, repito, a UniversidadE
dá Coruña examínate do que vas traballar.
Oín
por aí que algúns suxiren facer o exame de informática como o
fan as demais administracións, en concreto facelo como na
UniversidadE de Santiago ou na UniversidadE de Vigo. Pobres
inxenuos. Que imos aprender nós da arruinada e vetusta USC se
son eles os que nos toman como referencia e nomean, seguindo o
noso exemplo, unha Xerenta en Funcións. Que imos aprender da
UniversidadE de Vigo sen son tan inútiles que para gobernar a
súa UniversidadE necesitan dun Xerente como a LOU manda e cinco
Vicexerentes.
Olvidádevos tamén dá fase de concurso, na anterior oposición non
sirveu para nada, so para coller unha ou outra praza, do cal
moitos se arrepentiron co tempo pois como a Xerencia lles dixo
(de palabra claro, non por escrito) que se ían a conceder
permutas e, a maiores, íase a aplicar o convenio de mobilidade,
elixiron as prazas que acordaron cos que ían a permutar (o que é
totalmente lícito porque ti aplicas os criterios que che peta á
hora de elixir unha praza e é tan válido este coma o elixir
praza tendo en conta de se está máis ou menos cerca dá túa casa)
e logo tiveron que quedar nelas pois nin se concederon permutas
nin o convenio funciona ao ritmo que prometeran".
En
definitiva, esta é a convocatoria perfecta que se materializará
en probas perfectas e dará lugar ao nomeamento de funcionarios
perfectos.
Mentres tanto, no centro da península ibérica un vello senador
pensa sentado no seu escano, outros virán que bo te farán? e
sorrí, se descojona, pártese o cu.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript