Abril de 2010
 
 

12/04/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Novo Claustro

 

 

Para o vindeiro 16 de abril convocouse sesión ordinaria do Claustro Universitario

 

 

 


 

 

Orde do día:

 

  1. Informe do Sr. Reitor.
  2. Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior.
  3. Aprobación, se proceder, Memoria de xestión 2009, Informe do Reitor para o Claustro.
  4. Informe do Valedor Universitario.
  5. Quenda aberta de intervencións.

 

En relación co punto 3 da orde do día, Memoria de xestión 2009, Informe do Reitor para o Claustro, atoparase no seguinte enderezo electrónico:

 

http://www.udc.es/reitoria/ga/reitor/documentos.asp

 

Non tivemos tempo de revisar a Memoria, polo tanto non podemos facer unha valoración pero si temos que dicir que ao abeiro do establecido no Regulamento de Réxime Interno do propio Claustro Universitario que establece:

 

Sección segunda: convocatoria, constitución e funcionamento do Claustro


Artigo 11. Das sesións do Claustro

1. O Claustro universitario ten que se reunir en días administrativamente hábiles.

2. O Claustro da Universidade da Coruña traballará en pleno, nas comisións que regula expresamente este regulamento ou naquelas outras comisións que decida constituír.

3. O Pleno do Claustro universitario debe reunirse con carácter ordinario, cando menos, dúas veces ao ano durante o período de actividade docente. Os claustros ordinarios non se realizarán en datas de exames oficiais. Ademais das reunións ordinarias, o Pleno do Claustro poderá reunirse con carácter extraordinario de acordo co que dispón o artigo 12 do presente regulamento.”

Dado que o ano pasado (2009) só se reuniu nunha ocasión, incumpriuse o devandito regulamento, parece que o ano pasado era un ano no que se necesitaba que esa sesión se celebrase dado a implantación de Boloña, a diminución orzamentaria (que xa se previa…), en todo caso está regulamentado e tense que cumprir o que se “lexisla”.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript