Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 249 - 10/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  REPRESIÓN
 

O ministro do interior persevera na persecución dun "terrorismo fantasma" que non existe

Ás 10:20 da mañá do xoves 6 de novembro a continuación da Operación Araña seguía aberta. Fontes do gabinete de prensa da Garda Civil confirman que se esperan máis detencións en varias provincias, que se deben sumar aos cinco arrestos que xa se produciron en Bizkaia, dous deles a menores de idade, dos que informou Naiz. Guipúscoa, Madrid, Navarra, Catalunya e Galicia son os outros escenarios onde se está a levar a cabo o operativo, co que o Ministerio de Interior e a Garda Civil pretenden poñer couto ao uso nas redes sociais de expresións que, segundo o criterio do instituto armado poderían incorrer en "a comisión de presuntos delitos de enaltecemento do terrorismo de ETA, así como de humillación das vítimas do terrorismo".

 

  • Noticias relacionadas

 

Ás 11 h a axencia Europa Press confirmou as primeiras detencións, entre as que se contan polo menos catro menores de idade, e sinalou que a operación, posta en marcha polo xulgado de instrución número 3 da Audiencia Nacional, pode alcanzar a cifra de 20 detidos ao longo do día.

 

O despregamento desta mañá é a segunda parte das 21 detencións que tiveron lugar o pasado mes de abril. Detencións que por primeira vez se baseaban só en mensaxes escritas nos muros de Face­book e a cronoloxía de Twitter. Tratouse de persoas sen relacións entre elas, que son detidas por condutas independentes, é dicir que se xulgará cada caso por separado. Unha das fontes consultadas por Diagonal con motivo da primeira parte da Operación Araña sinalaba que o delito de enaltecemento do terrorismo tipificado no artigo 578 do Código Penal "está redactado de modo que cabe calquera cousa e é altamente probable que encaixe calquera declaración feita dende o mundo abertzale".

 

DE "DIAGONAL"

Recollido de Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript