Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 249 - 10/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
 

Inmigrantes africanos transportados como lixo en Gran Canaria

O pasado mércores, un grupo de 21 inmigrantes africanos eran abandonados durante horas baixo o sol na Praia do Inglés, Gran Canaria, despois de que chegasen nunha pateira.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os inmigrantes, que chegaron exhaustos pero polo seu propio pé á beira da praia, foron inicialmente atendidos por voluntarios da Cruz Vermella. Non obstante, tras comprobarse que algúns deles tiñan febre, o persoal da ONG decidiu activar o protocolo para caso de évola. E pediu a intervención da Consellaría de Sanidade.

Os médicos, non obstante, tardaron en chegar catro horas. Durante a longa espera, os inmigrantes tiveron que manterse sen ningún tipo de protección física con temperaturas que rozaban os 30 graos ao mediodía Os voluntarios depositaron sobre o chan máscaras, bocadillos e botellas de auga para que o grupo puidese alimentarse, mentres que axentes da Policía Local trazaron un cordón imaxinario, separados uns vinte metros dos inmigrantes para que ninguén se achegase e abastecidos con máscaras e luvas pero en manga curta.

 

Cando por fin chegaron, os médicos aseguráronse de que ningún dos subsaharianos estivera nas últimas tres semanas en Liberia, Serra Leoa ou Guinea Conakry, os países afectados polo virus do évola e descartaron calquera posibilidade de infección Pero se durante a longa espera, os africanos non recibiron a atención debida, a constatación de que ningún deles estaba enfermo de évola non mellorou o tratamento que lle foi dispensado.

 

Coa excepción de catro membros do grupo que tiveron que ser trasladados en padiola por un jeep da Cruz Vermella, o resto foi transportado nun camión do lixo dos utilizados para transportar os residuos das praias a dependencias policiais. E iso contra a oposición do coordinador de Cruz Vermella, José Antonio Rodríguez, quen manifestou reiteradamente "que ese non era modo de tratar seres humanos".

 

Un día despois de que se producisen estes feitos, o sindicato nacionalista Inter sindical Canaria pronunciábase ao respecto cualificando o procedemento utilizado como "indignante".

 

"A xestión do incidente da pateira que chegou o día 5 de novembro na Praia do Inglés demostra a persistencia do racismo e xenofobia institucionais que, antes que como seres humanos, entende os inmigrantes africanos como obxectos problemáticos sen respecto ningún á súa dignidade humana e os seus dereitos fundamentais -aseguran dende esta organización.

 

Intersindical denuncia, igualmente, que se mantivese os inmigrantes "durante sete horas, illados e sen socorro sanitario poñendo en risco as súas vidas", antes de "cargalos no camión do lixo".

 

Cando es pobre e africano -din - automaticamente sonche conculcados os teus dereitos e o trato de respecto humano máis básico. Neste sentido hai que recordar que non estamos a tratar con virus ou enfermidades como parecen querernos facer ver, senón con seres humanos".

 

Intersindical entende que, "sendo que a inmigración é un asunto estrutural relacionado co saqueo colonial e empobrecemento dos pobos do continente africano pola acción das multinacionais e gobernos dos países enriquecidos, o mínimo que se pode esixir é que ás persoas vítimas do devandito saqueo e inxustiza global se llas trate con humanidade e respecto".

 

É por iso, conclúen - que esiximos que se abra unha investigación e se depuren responsabilidades dos que ordenaron e levou a cabo este infame protocolo de actuación".

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript