Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 249 - 10/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A RPT de sempre
A proposta de RPT que enviou a Xunta de Persoal volve a situar ao Servizo de Extensión Universitaria, Área de Cultura, no  déjá vu das anteriores. Cómo é posible que un servizo se manteña  con todos os seus traballadores do grupo C1?. A orixe desta situación está na contratación de xente externa á Universidade. Está claro que, deste xeito é imposible manter o servizo e a carreira profesional tampouco existe.

 

Conserxerías Ferrol, outro ensaio na RPT
A Xerencia volve a utilizar as conserxerías de Ferrol para ensaiar un novo modelo concentrado de servizo. Xa o intentou na RPT anterior e agora intenta, de novo levalo a efecto. Preténdese separar a dependencia funcional do centro para atribuír tanto esa dependencia como a dependencia orgánica á vicexerenta (libérase o xerente desta responsabilidade).  A Vicexerencia de Ferrol pouco a pouco concentra todo o poder de xestión do persoal na “colonia”. Configúrase, deste xeito, unha única conserxería na que os traballadores iremos rotando polos centros a medida das necesidades ou da proximidade que teñamos coa señora. A vez anterior púidose parar o proceso, entre outras cousas porque, entendo, que aínda o tiñan algo verde, agora, unha vez madurado, toman carreiriña e adiante, esperamos o firme rexeitamento do Xunta de Persoal, como mínimo como foi na vez anterior o Comité de Empresa. Que non pareza que isto é algo illado, De impoñerse en Ferrol, detrás irá A Coruña.

Á persoa que enviou esta mensaxe advertíuselle que o proxecto de RPT presentado pola Xerencia establece a dependencia da Vicerreitoría, non da Vicexerencia. Sinala, non obstante, que aínda que formalmente se reflicta esa dependencia na Relación de Postos, todo o mundo, en Ferrol, sabe que quen toma as decisións é a vicexerenta.

RPT, a que agardamos?
Recibín a RPT, como todas as compañeiras, o pasado luns, hoxe é mércores e aínda estou alucinando. Non hai por onde collela. A que se espera para dicirlle ao xerente que se pode limpar o cu con ela?. Qué se está a negociar?. Deberiamos estar informadas de que é  o que a Xunta de Persoal entende que pode ser aproveitable para seguir asistindo ás negociacións. Entendo que deberiamos analizala nunha asemblea e tomar as decisións que decidamos.

A RPT, un peido do Reitor e do Xerente.
Como debe atufar a sala onde se reúnen para negociar. Será só sacar os papeis da carteira ou do sobre e expandirse polo cuartucho un fedor insoportable. A podrez estendeuse por toda a Universidade cando se enviou polo correo electrónico, eu xa tomei medidas profilácticas, borrei do ordenador todo o rastro que deixou esa merda. Seguro que ao PDI non se lles ocorre presentarlles unha proposta que supere, como esta, o límite do soportable, moito aguantan os que están a negociar.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript