Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 249 - 10/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
 

A Universidade de Vigo, unha referencia?

O PAS da universidade tratou de asegurar a homologación en dereitos e condicións en primeira instancia co resto d@s traballador@s do Sistema Universitario Galego, se algúns sinalan sempre o odiosas que son as comparacións, nas negociacións este elemento comparativo foi sempre algo que se sinalou e deu forza ás propostas que realizabamos nas mesas.

 

  • Noticias relacionadas

 

O noso marco de referencia foi, desde fai tempo, a Universidade de Vigo, pola súa traxectoria (naceu ao mesmo tempo que a UDC), inicialmente con orzamentos moi semellantes pero que están a evolucionar de moi diferente xeito.
 
Nótase, na Universidade de Vigo, un maior compromiso co Persoal de Administración e Servizos. De todos os xeitos ese compromiso non é gratuíto, @s traballador@s gañáronse o respecto a base de peches e loitas, hoxe teñen o froito desas mobilizacións, entre outras cousas non padecen na súa pel o recorte en acción social e veñen de incrementar os postos de traballo na RPT.
 
Nesta universidade, na que se está a mascar unha redución das horas de docencia (hai que repartir as horas para que todos
caiban), esprémese ao PAS para sacarnos até a última gota de suor.
  

  • ·    Onde foron parar os aforros derivados da funcionarización?.

  • ·    Onde irán a parar os aforros a que a funcionarización  deu lugar para sempre? (as novas incorporacións de persoal en postos que desenvolve o persoal funcionarizado xa non cobrarán a “mochila”)

  • ·    “Racionalízase” (eufemismo moi en boga) a RPT de PAS mentres que adxuntos, fontaneiros cargos académicos... seguen en máiximos.

  • ·    Os de sempre malgastan como sempre, notarémolo, unha vez máis, co peche do exercicio

  • ·    Etc.

 O noso microcosmos reflicte o que está a suceder a nivel social, os dereitos escórrense  entre os nosos dedos e estamos, como colectivo, caendo nunha apatía xeneralizada que é aproveitada polo reitor e acólitos para estrullarnos cada día máis, mantendo unha posición radicalmente diferente co colectivo de PDI. A ideoloxía, o corporativismo, e o afán de prolongarse na poltrona están na base deste trato diferenciado.
 
Como sempre, está nas nosas mans resolver este conflito de intereses, na medida que presionemos e nos mobilicemos será moito máis difícil que  nos metan a cambadela.
 
Este sucedáneo de RPT
, que nos quere facer tragar o reitor, non é o noso e non o podemos aceptar.

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript