Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 249 - 10/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Ignacio Escolar
 

Tres presidiarios

Ten algo de xustiza poética que o exconselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior da Comunidade de Madrid durma no mesmo cárcere de Estremera que hai só seis anos inaugurou. Pero a imaxe que mellor resume o estado político do país é outra: o vídeo que difundiu onte Las Mañanas de Cuatro do abrazo de Francisco Granados con Luis de Guindos

 

 

Naquela voda, xa se sabía que Granados era, como pouco, un gran defraudador: había meses que se descubrira a súa conta en Suíza e dimitira como senador. Pero entre as elites políticas conservadoras, roubar ao fisco non parece merecer ningunha reprobación social e o ministro de Economía pode abrazarse publicamente, sen vergoña ningunha, a todo un señor ladrón.

 

O abrazo, ao seu xeito, está a xogo cun Goberno que aprobou unha amnistía fiscal e que está presidida por un señor que lle pedía a Luis Bárcenas que fose forte cando o seu botín escondido en paraísos fiscais saíu á luz.

 

O ex secretario xeral do PP de Madrid está hoxe no cárcere por culpa dun proceso penal da Audiencia Nacional, que se iniciou grazas a xustiza suíza. Foi a Fiscalía suíza quen detectou que Granados baleiraba unha das súas contas e alertou a España dun posible delito de branqueo de capitais. Tivo que ser Suíza quen se decatara que en Valdemoro, a pesar dos moitos indicios que durante anos publicara a prensa sobre o número dous do PP de Madrid, de que algo ulía mal. En España, curiosamente, ninguén se decatou: nin o seu xefe Esperanza Aguirre nin o seu amigo o ministro de Economía nin o Tribunal de Contas nin a Fiscalía Anticorrupción.

 

O caso Pujol iníciase por unha ex amante desleitada. O caso Gürtel, por un acusón que durante meses grava todas as conversacións con Correa. O caso Púnica, porque os pilla a Fiscalía suíza.

De verdade se persegue a corrupción en España ou esa loita é tan falsa como as 'pelexas' da loita libre americana?

 

Mentres tanto, no outro extremo da galaxia, a cazatalentos Esperanza Aguirre dános leccións sobre como loitar coa corrupción.

 

Jaume Matas

Entra Francisco Granados, sae Jaume Matas, que só pasou tres meses en prisión. Só tres meses, por xenerosa e arbitraria decisión do Goberno do seu vello amigo Mariano Rajoy.

 

Matas foi un preso con sorte. Ingresou no cárcere de Segovia, un dos máis pequenos e tranquilas do sistema penitenciario español. No módulo de enfermaría; isto é, nun lugar máis parecido a un hospital que a unha prisión. E baixo o protocolo de Prevención de Suicidios, un sistema que permitiu poñer a Matas baixo a protección dun interno de apoio -outro preso, de confianza da dirección da prisión, que a cambio recibe vantaxes penitenciarias-, que acompañaba o ex ministro cando tiña que andar polas zonas comúns da prisión.

 

Jaume Matas entrou como preso VIP e saíu como tal: aos tres meses (e nun venres, a ver se así a xente non se decataba). Cumpriu un terzo da condena que tiña e apenas unha fracción da sentenza inicial, que era de seis anos de cárcere e que despois o Supremo rebaixou á metade da metade da metade.

 

A súa saída é un indulto na sombra, que ordenou o Ministerio do Interior a través da dirección xeral de prisións. A decisión tómase contra o criterio da Xunta de Tratamento da prisión de Segovia, que se opuxera ao terceiro grao. Matas sae malia o informe dos que normalmente toman esa decisión e tamén malia o procedemento que se adoita aplicar en casos similares.

 

Terceiro grao significa que Matas irá a durmir a prisión, pero só de luns a xoves. O resto do tempo, estará en liberdade.

 

Está Matas rehabilitado para a sociedade? Cunha condena así de lixeira, témome que non.

 

Marcos Martínez

A provincia de León ten agora mesmo un presidente da Deputación no exilio interior, na prisión. Marcos Martínez negouse a dimitir, como lle pedía o seu partido, porque considera que é "totalmente inocente" e que deixar o cargo sería recoñecer que non o é. Como o preso "totalmente inocente" Martínez non se vai, a Deputación de León estará sen presidente durante un mes -o que sen dúbida será unha gran demostración práctica da inutilidade desta institución-. Ata que prospere a moción de censura que presentou o PP cun novo candidato para suceder ao sucesor da asasinada Isabel Carrasco.

 

Dentro dun mes, Marcos Martínez perderá a Deputación, pero quedará como alcalde de Cuadros. Os seus concelleiros rebeláronse contra o PP e non quixeron asinar a moción de censura contra o seu alcalde, ese preso político.

 

Martínez, ao seu xeito, ten parte de razón. Con que autoridade moral lle piden a súa dimisión os mesmos que avalaron outros presidentes da Deputación como Carlos Fabra e José Luis Baltar? É que León é menos que Ourense e Castelló?

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript