Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 249 - 10/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O proxecto de RPT, un insulto. A negociación unha farsa

Nun dos claustros pasados, cando se presentou a Programación Plurianual, acusamos ao reitor de querer facer máis con menos, emulando na universidade o discurso do PP a nivel estatal. Naquel momento o reitor respondeu de xeito aireado que el, de ningún xeito, dixera nin sequera insinuara nada diso. A realidade desmente o seu discurso.

 

  • Noticias relacionadas

 

O proxecto de RPT presentado vai no camiño sinalado naquel momento. Restruturación de servizos e reubicación de efectivos forman o eixo da proposta que, pensamos que non fai falta sinalalo, ten o noso rexeitamento. Entendemos que o xerente volve a xogar forte con esta proposta, non agarda unha forte resposta do colectivo e estira a goma até un límite que de romperse pódelle romper as gafas.
 
Se a proposta é rexeitable na práctica totalidade dos seus aspectos, máis rexeitable é a actitude da Xerencia que aínda sen negociala xa a está a aplicar, o que nos parece
intolerable e causa por si soa para erguerse dunha mesa de negociación que, na práctica, demóstrase que é unha farsa.
 
Poñémosvos en antecedentes.
No proxecto de RPT que comunicou a Xunta de Persoal a semana pasada, aparecen os dous negociados do Servizo de Investigación aos que fai referencia a instrución que se xunta con novos nomes (posto 153 e 154) que coinciden coas novas funcións que se comunicaron ás traballadoras.
 
É curioso que unha modificación tan importante se realice nada máis tomar posesión do concurso (antes nin palabra) e que se asine a instrución ás costas das interesadas e se comunique unha semana máis tarde.
 
Cando as traballadoras requiren unha notificación (aínda sabendo que non é posible xa que non existe nova RPT), o Vicerreitor mándaas ao xerente que lles remite nun sobre de tránsito a súa nota interior.
 
Neste servizo é rechamante, tamén, que, menos na sección de contratos, se pida coñecemento de inglés e á xestora de proxectos europeos non.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript