Novembro de 2014
 
 

NÚMERO 248 - 03/11/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Devolución da parte devengada da extra de decembro de 2012

O xerente, unha vez rematada a sesión do Consello de Goberno de 30 de outubro, enviou un comunicado a todo o persoal afectado pola devolución no que só concreta a data para a restitución dunha terceira parte do que se nos adebeda.

 

  • Noticias relacionadas

 

Despois do embrollo  orixinado no Consello de Goberno no que incluso houbo momentos en que parecía sinalarse que se faría un pago en decembro de 2014 e o outro en xaneiro de 2015, a comunicación do xerente segue, ao noso entender, pecando de falta de concreción á hora de establecer o abono da segunda parte do que, segundo as sentenzas xudiciais se adebeda.

No comunicado da Xerencia, logo de sinalar as accións emprendidas diante da Xunta para que proporcione o orzamento necesario para facer efectivo ese pago, e das críticas á xestión deste asunto por parte da comunidade autónoma o xerente conclúe no seu comunicado que:
 
“(…) mantemos o compromiso firme de proceder ao dito recoñecemento e de facer efectiva en decembro deste exercicio 2014 unha terceira parte da contía total debida polos 44 días, como se anunciara na reunión citada do 29 de xullo, abonando o resto en 2015”.
Polo tanto, este mes de decembro devolverásenos unha terceira parte do recortado e durante o 2015 (non se concreta a data) o resto. Diante desta circunstancia:
 
PAS funcionario:
Segundo o comunicado da APA a Xerencia comprometeuse a convocar a Mesa Sindical nesta semana. A esa reunión acudirá cunha data definitiva. De non cumprirse este prazo habería que habilitar, de xeito inmediato, a reclamación para cumprimentar a documentación necesaria dentro do prazo sinalado, que, como sabedes, remata o día 22 de novembro.
 
PAS laboral:
O PAS laboral interpuxo, no seu día, Conflito Colectivo para recuperar o recortado no ano 2012. O TSXG ditaminou favorablemente aos intereses d@s traballador@s pero a sentenza foi recorrida pola universidade diante do Tribunal Supremo, estamos, aínda, á espera do ditame.
Consultada a situación a través do avogado que leva as reclamacións  da agrupación electoral APA sinalou que o PAS laboral funcionarizado non pode realizar a reclamación de extensión de efectos das sentenzas conseguidas polo persoal funcionario pois en 2012 eran PAS laboral tendo que agardar, tamén a sentenza do Tribunal Supremo.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript